GMH/ÍNDICE A-Z

1032
1431, novembro, 14. Lugo

Diego Méndez, notario, véndelles a Fernando Rodríguez e á súa muller a metade do casal de Buratai en Santa María de Bóveda por 500 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/26, perg. orix., galego, cortesá, 236 x 151 mm.



Sabeam quantos esta carta viren como eu Diego Meendes, notario de Lugo, vendo a vos Fernan Rodrigues Traveso et a vosa muller, Mayor Ferrnandes, et a toda vosa vos por jur de erdade para senpre a mina meatade de todo o casal de Buratay, que he sub signo de Santa Maria de Bobeda, con todas suas erdades et cassas et arvores et formaes et entradas et seydas et montes et pascos et agoas correntes et estantes et con todos los seus froytos et rendas et pertenenças et dereyturas, a montes et a fontes, per onde quer que vaan su o dito signo et sub outro qualquer signo que vaan, segundo que me a min millor et mays compridamente perteesçe et perteesçer deve por vos et erança de Fernando, meu fillo ligitimo, que oyve de Leonor Ferrnandes, mina muller que foy, et filla que foy de Fernan Peres Andreu et de Elvyra Lourença, sua muller, que foy. Et outrosy con a penson et çenso que he devida por la dita mina metade do dito casal a a Capela de San Martino, que he en a iglesia de Lugo, de que he capelan agora Rodrigo Afonso de Fargoos, et segundo et por la forma et manera que a dita meatade do dito casal me perteesçe et perteesçer deve, et reçebo de vos en preço por esta vençon, por la dita meatade do dito casal, quinentos maravedis da moneda vella, contando a branca en tres dineiros, dos quaes ditos quinentos maravedis da dita moneda vella me outorgo por entrego et ben pago por quanto mos destes et pagastes, et do voso poder a o meu son pasados en boos dineiros feytos et contados a toda mina voontade en presença das testemoyas desta carta, et renunçio a eyçeyçon de non numerata pecunia et todas las outras eyçeyçoes et defensoes et alegaçoes que eu, ou mina vos, en contrario desto posa alegar, que me non valla nen seia sobrelo oydo en iuyso nen fora del, et por esta presente carta vos pono logo et apodero en o iur et posison et senorio et propedade et dereyto et auçon que eu ey en a dita meatade do dito casal, et tiro ende a min et a mina vos, et para que a posades tomar et entrar asy vos meesmo, ou por justiça, como quiserdes et faser delo como de vosa coussa propia. Et obligo todos meus bees, mobiles et rayses, avidos et por aver, de vos faser de pas a dita meatade do dito casal a dereyto para senpre. Et porque seia çerto eu o dito Diego Meendes, notario, escripvi esta carta et signeya de meu signo.

Feyta en Lugo, quatorse dias do mes de novembre, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et triinta et hun anos.

Testemoyas que foron presentes: Alvaro Ferrnandes, notario, et Alvaro Plateiro, et Johan Calvo, visino de Lugo, et outros.

Et eu Diego Meendes, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, porque fige a dita vençon a o dito Fernan Rodrigues et sua muller et reçeby a dita paga, por ende escripvi esta carta et puge en ella meu signo en testemoyo de verdade. A o qual foron presentes os ditos testigos (signo).

Diego Meendes, notario.