GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

347
1336, outubro, 17. Lugo
Afonso Savaschaes, prelado de San Vicente de Pedreda, recoñece o que lle corresponde a Xácome Eanes, racioneiro de Lugo, polo padroado da devandita igrexa.

MADRID, AHN, Carp. 1332 E/4, perg. orix., galego, gótica cursiva, 185x151 mm.

CAÑIZARES: p. 1015.

PIÑEIRO: Memorias, t. IV, fol. 61 con referencia ao lib 4º de Palacio.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Affonso Savaschaes, clerigo et prellado das duas partes de Sant Viçenço de Pedreda, sen costrengemento de ningun nen deçebudo por engano nen por força, de minna [boa voontade] conosco et outorgo et conffesso que vos Iacome Yanes, raçoeyro de Lugo, et prestameyro da terça parte da iglesia de San Viçenço de Pedreda, avedes d’aver et de levar cada anno por raçon de padroadigo por toda a iglesia de San Viçenço de Pedreda noveenta et seys soldos desta moeda branca del rey don Affonso, et sete teegas de çeveyra minos quarta, os quaes dineiros avedes de levar po-lla doaçon que vos feço Martin Ferrnandes de Ruviaes, clerigo, que y avia os ditos dineiros; et a dita çeveyra avedes enna dita iglesia d’outros herdeyros et padroes que a na dita iglesia avian. Item avedes mays po-lla vianda et iantar avedes de cada dia po-lla doaçon do dito Martin Ferrnandes duas teegas d’erdade sementadura sobre la fonte da dita iglesia, a qual erdade teedes a iur et a mao. Et prometo et outorgo de vos dar cada anno a dita renda en toda minna vida, et despoys de meu finamento os outros prellados et clerigos que foren da dita iglesia que vos den et paguen a dita renda. Et por que esto seia çerto eu o dito Affonso Savaschaes roguey a Roy Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçesse ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo XVIIe dias d’outubre, era de mill et CCC LXXª et quatro annos.

Testemoyas: Pedro Iohannes de Vilar Queymado; Gonçalvo Peres d’Avoyn; Diego Tato, çapateyro; Fernan Rodrigues, fillo de Ruy Lopes de Burgo Novo; Affonso Ferrnandes, escrivan ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario sobredito dado pella auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo d’Affonso Savaschaes, clerigo sobredito, esta carta en minna presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.(+).