GMH/ÍNDICE A-Z

324

xullo, 13

Diego de Alván libera a Gonzalo Anes, morador en Moreiras, de varios obxectos que tiña empeñados. (fol. 100v)

Gonçalvo Yanes da Seara.

En este día Diego dA’lvan deu por livre et quite a Gonçalvo Yanes da Seara, morador en Moreyras, das prendas que tina enpenadas de seu yrmaao Gomes de Taboada, as quaes se venderan e non achara o dito Gonçalvo Yanes o que achara en elas, por ende que o dava por livre et quite etç. Tests. Joan Domingues et Joan do Bouteiro.