GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

478
1394, agosto, 30
foro

Pedro Iáñez, tenente da capela de Fungoso, afóralles a catro voces aos irmáns Domingo Iáñez, labrador, e a Gonzalo Iáñez, zapateiro, unha viña na Cuíña por quinta á renda das Quintas e a el 5 mrs.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo, 5

Sabean quantos esta carta viren commo eu Pero Anes clerigo teedor da suçison que ordenou Roy Peres Fungoso mercador morador que foy en Ourense, con liçençia e outorydade de don Alvar Dias arçidiago d’Aveancos enna igleia de Lugo e vigario geeral enno espiritual e tenporal por don Pero Dias por la graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense que esta presente e outorgante, dou et outorgo a foro a vos Domingo Eanes lavrador et a Gonçalvo Anes çapateiro vosso yrmao moradores en Ourense enna cruz do Çenteo que sodes presentes, cada huun enna huna meatade en vossa vida danbos et a quatro voses apus o postrimeiro de vos huna pus outra suçissive, conven a saber que vos dou a foro huna leyra de viña que he da dita suçisson que jas en termino d’Ourense hu chaman a Coyña, con parte de huun cabo con viña de Fernan Perez de Rioseco e do outro cabo parte con viña de Pero de Gordon e en çima topa en outra viña de Domingo Fernandes çapateiro e en fondo fere enno camiño publico que vay d’Ourense para a Cuyña, a qual dita leira de viña tevo Afonso Peres Maçanillas en sua vida en prestamo do dito Roy Peres. Aforo vos a dita leyra de viña segundo que he demarcada con todas suas entradas et seydas e perteeças e dereitos por tal pleito e condiçon que vos e as ditas voses depus vos que lavredes et paredes ben en tal maneira que non desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento, et faredes dela foro de quinta aas Quintas que se dela ha de faser et daredes a min et ao teendor que porlo tenpo for da dita suçisson en cada huun anno por dia de San Martiño do mes de novenbro çinqo libras de diñeiros brancos desta moeda usual de que contan viinte soldos por libra e qoreenta pares de diñeiros novees por tres libras, et do al que a ajades de disimo a deus livre e quita de todo outro encarrego e tributo alguun. Et he posto que se quiserdes vender ou deytar ou supiñorar a dita leira de viña que frontedes ante con ela a min ou ao teendor que porlo tenpo for da dita suçison e nos la dedes por lo justo preço que outre por ela der, et non na querendo nos enton que a vendades ou deytedes ou supiñoredes a atal pessoa que seja semellable de vos que lavre et pare ben a dita leira de viña e page o dito foro aas Quintas e a min et ao teendor da dita suçison as ditas çinqo libras en cada huun anno ao dito praso e que conpra e agarde as condiçoes desta carta e cada huna delas segundo que se en ela conten. Et obrigo os beens da dita suçisson para vos anparar a dereito enno dito tenpo con a dita leira de viña de quen quer que vos la demandar ou enbargar ou contralliar. Et nos os ditos Domingo Eanes e Gonçalvo Anes que somos presentes por nos e por las ditas nossas vozes assy resçebemos de vos o dito Pero Anes clerigo a dita leira de vina a foro cada huun enna sua metade porla maneira et condiçoes sobre ditas et obrigamos todos nossos beens para lavrar et parar ben e para pagar o dito foro de quinta aas Quintas et a vos o dito Pero Anes e ao teendor que porlo tenpo for da dita suçisson as ditas çinqo libras en cada huun anno ao dito praso et para conprir et agardar todas las condiçoes desta carta et cada huna delas segundo que se en ela conten. Et qual quer de nos as partes que contra esto for ou pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte agardante por nome de pena çen mor. da dita moeda, et a penna pagada ou non esta carta e aforamento fique firme e valla enno tenpo e voses por que he feyta. Et desto nos as ditas partes mandamos fazer duas cartas anbas de huun tenor. Et eu o dito Alvaro Diaz vigario sobre dito que soon presente dou et outorgo miña liçençia e outorydade a este dito aforamento por quanto vos o dito Pero Anes clerigo me fesestes juramento ennas miñas maos e porlas ordeens que resçebestes en lugar de santos avangeos que este dito aforamento que he prol da dita suçisson, et por ende mando que valla enno tenpo e voses por que he feyto et entrepoño a el meu decredo. Feyta a carta en Ourense, domingo triinta dias do mes dagosto, anno do nasçemento do nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta et quatro annos. Tests. que a esto foron presentes Gomes Peres de Pennavegia e Pero Gomes notarios d’Ourense et Fernand Afonso da Torre e Pero Anes de Sode e Anton Fernandes dos Brancos moradores en Ourense e outros.

Et eu Françisco Yanes notario publico da çidade d’Ourense por lo bispo et por la igleia desse lugar a esto que dito he presente foy con as ditas tests. e o escrivi por mandado e outorgamento das ditas partes e aqui meu nomme et meu signal puge por testemonio de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da vina da Cuina.