GMH/ÍNDICE A-Z

428
1384, febreiro, 27
foro

Gonzalo Vázquez, escudeiro, por si e polo seu irmán Afonso Vázquez, comendador da Orde de Alcántara, afóralles a perpetuidade a Fernando Domínguez, mercador, e á súa muller, María Pérez, unhas casas na rúa de Cima de Vila por 18 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 47

Sabean quantos esta carta viren que eu Gonçalvo Vaasques escudeiro morador en Ourense enna rua dos Çapateiros, fillo de Vaasco Lourenço çidadao que foy d’Ourense, por min e en nomme de Afonso Vaasques meu yrmao comendador da orden d’Alcantara que non he presente, porlo qual obrigo todos meus beens que el aia por firme e por estavyl todo o que se en esta carta conten, dou e outorgo a foro a vos Fernan Domingues mercador morador enna dita vila d’Ourense enna rua de Çima de Vila e a vosa moller Maria Peres e a toda vosa vos para senpre, hunas casas que eu ey que estan enna dita vila d’Ourense enna dita rua de Çima de Vila, as quaes foron do dito Vaasco Lourenço meu padre que foy, as quaes parten con outras casas que foron de Estevoon Anes d’Anbia, et do outro cabo parten con outros soares de casas de min o dito Gonçalvo Vaasques e en çima topan en outras miñas casas e yxido en que mora Johan Peres lavrador, et teen as portas enna dita rua pubrica. Aforo vos as ditas casas desde dia de Santa Oufemea endeante para senpre, sen as ditas casas e yxido en que mora o dito Johan Peres con seus sobrados e camaras e çeleyro e con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças, per tal condiçon que vos que as mantenades e reparedes e apostedes do que lles conprir en maneyra que se non percan por mao paramento, salvo se faleçeren por fondamento de parede, que eu que as aposte por miña custa. Et dedes ende a min ou a miña voz de foro cada anno en salvo por dia de Santa Maria dagosto dez e oyto libras de diñeiros brancos desta moeda que se agora husa de que contan viinte soldos por huna libra e que pagedes fumaien acustumada se se delas ha |delas ha| de pagar. Et do al averdes las livres e quites de todo outro enbargo. Et para con elas seerdes anparados a dereyto obrigo vos todos meus beens. Et eu o dito Fernan Domingues que soon presente por min e por a dita miña moller que non he presente e por toda nossa voz asy reçebo de vos o dito Gonçalvo Vaasques as ditas casas aforadas, et para as reparar e apostar e manteer e pagar de cada anno o dito foro e conprir e aguardar todo o que dito he obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et qual quer de nos as ditas partes que contra esto que dito he quiser pasar peyte aa outra parte que o conprir e aguardar quiser por nome de pena çen mor. de boa moeda, et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, viinte e sete dias do mes de fevereiro, era de mill e trezentos e oyteenta e quatro annos +. Tests. que a esto foron presentes Gomes Anes alffayate e Afonso de Lugo e frey Ares frayre da horden terçeyra moradores en Ourense e Gonçalvo Lourenço omme de Sueyro de Juvyn e outros. + da naçença do noso salvador Jhesu Cristo.

Et eu Fernan Gonçalves notario publico d’Ourense porlo bispo e igleia desse lugar que a esto presente foy e o escripvi e meu nome e signal y puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta das casas que estan ao portal de Çima de Vila.