GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

64
1433, setembro, 14

Juan Fernándes Agulla, veciño de Pontevedra, e Juan Fernándes Rechaldo, crego, establecen acordo sobre o foro dun terreo na Rúa dos Tornos de Pontevedra.

(ff. 28-28 v)

Ano susodito. Catorse dias do mes de setenbre. Sabean todos que eu Juan Fernandes Agulla, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço, por min et por todas mĩas vozes, da hũa parte, et eu Juan Fernandes Rechaldo, clerigo de Santo Andre de Valiñas, que, eso mesmo soo presente, et que faço por min et por todas mĩas bozes, da outra parte, nos partes susoditas queremos et outorgamos que por quanto ontre nos era contenda et debate sobre rason do terratorio et eixido que sal en dereito das casas de min o dito Juan Ferandes Rechaldo, en que agora por min mora Fernan de Mosonço, pintor, por lo qual dito terratorio et eixido eu ey de dar et pagar, en cada vn ano, de penson para senpre, a vos o dito Juan Fernandes Agulla viinte et quatro maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, por quanto cobrastes seys maravedis et hũa branqua de voso yrmão Afonso Gago Agulla que el avia ẽno dito eixido que eran en conto destes ditos XXIIII maravedis, pro concanbeo que con el fezestes, et eso mesmo da confraria de San Juan da dita villa sete maravedis et hũu dineiro por concabeo que fezestes con a dita confraria por seis maravedis que aviades ẽna casa de Aldonça das Travancas, que eso mesmo eran en conto dos ditos viinte et quatro maravedis que eu asi avia a vos de dar. Et agora vos, o dito Juan Fernandes Agulla, queriades andar et faser andameo para senpre por lo dito eixido das casas de bosa morada para a bosa orta et eixido que vay de longo con o dito meu terratorio et eixido, en maneira que ouvesedes sayda para a Rua dos Tornos da dita villa, por lo boso pardineiro, que foy casa, que sal con portas aa dita Rua, et eu disia que non por quanto asi del vos avia de dar os ditos viinte et quatro maravedis da dita moeda do dito trebuto et foro. Por ende nos, os ditos Juan Fernandes Agulla et Juan Fernandes Rechaldo, clerigo, que asi fasemos por nos et por las ditas nosas vozes, de nosos praseres et livres voontades, viinmos aa tal avinça et conposiçon: que eu, o dito Juan Fernandes Agulla et mĩas vozes despoys min, que ajamos et posamos aver, para senpre, seys covedos chãaos et hũu palmo do dito terratorio de bos, o dito Juan Fernandes Rechaldo, que asi tinades aforado, os quaes asi devemos aver eu et as ditas mias bozes escontra o pardineiro que foi casa et lagar de estorçer viño que suya teer et usar Juan Esteves, notario, cuja alma Deus aja, que agora he de Maor Esteves da Correaria, que esta et vay de longo con a dita Rua dos Tornos, os quaes ditos seis covedos et hũu palmo de herdade do dito terratorio han de ser de ancho, asi en un cabo como no outro, et han de seer de longo para o dito pardineiro quanto o dito terratorio he, por los quaes eu et as ditas mĩas vozes devemos de andar et fazer andameo das ditas mĩas casas en que eu agora moro para a dita mĩa orta et eixido et para o dito meu pardineiro, en maneira que ajamos // sayda para senpre aa dita Rua dos Tornos, asi como susodito he. Et por esto que dito he, eu o dito Juan Fernandes Agulla, quito et libro desde oje este dito dia endeante para todo senpre a vos o dito Juan Fernandes Rachaldo et a todas bosas vozes dose maravedis da dita moeda dos ditos viinte et quatro maravedis, et asi me averedes de dar dose maravedis de esta moeda et destes ditos dose maravedis que me asi quedan que me asi avedes de dar, eu et mĩas bozes devemos de dar et pagar a Maria Soares Caldelas et a todas suas vozes, en cada un ano por todo senpre des maravedis et sete dineiros da dita moeda que ha de penson et foro ẽno dito terratorio, en maneira que vos o dito Juan Fernandes Richaldo et vosas bozes et bẽes sejades delo libres et a pas para senpre. Et eu o dito Juan Richaldo, clerigo, que asi soo presente et que faço por min et por las ditas mĩas bozes, asi o resçebo, outorgo et consinto et demais pono eu por mia custa ũu carro de paja a parte que me asi queda do dito eixido et terratorio por la via que conprir et por la marcaçon que o agora marcamos vos et eu et fica marcado et devisoado, o qual asi devo de dar çarrado et murado, segundo que lle perteesçe, doje este dia ata dia de Pascoa de Resureçon de Deus primeira que ven deste dito ano. Et esto todo asi como escripto he, deve de seer conprido et agardado ontre nos as ditas partes et nosas bozes por senpre aa boa fe de Deus et sen mao engano, et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligamos, et so pena de tres mill maravedis da dita moeda que outorgamos que peyte et page a parte de nos que o asi non tover, conprir et agardar por pena a outra parte ou partes de nos que o asi toveren, conpriren et agardaren. Et a pena pagada ou non, esto todo como dito he, este senpre firme. Que foi outorgado na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Ts. que foron presentes: Domingo Vidal, carpenteiro, et Juan Rodrigues, pedreiro, Fernando de Mosonço, pintor, Lourenço Yanes, alfayate, criado de Juan Esteves, alfayate, morador ẽna dita villa de Pontebedra, et outros. Feita.