GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

399
1376, marzo, 26
foro

O cabido afóralles a perpetuidade a Lourenzo Iáñez, labrador, e a Xiraldo Domínguez, escribán, e ás súas respectivas mulleres, Inés González e Dominga Santiaguesa, veciños de Ourense, a cada un na súa metade, catro leiras de viñas, previamente recibidas por mal traballadas e rendas non pagas, por quinta de viño e composta.

ACOu, Escrituras XVII, 39

Sabean quantos esta carta viren commo nos Garçia Rodrigues dayan enna igleia d’Ourense et o cabiidoo desse lugar, seendo juntados em nosso cabiidoo enna costra nova de Sam Martiño segundo que avemos de huso et de custume por canpaa tanjuda, damos et outorgamos, aforamos a vos Lourenço Anes lavrador morador enno Tendal da Figueira et a vosa moller Eynes Gonçalvez que non he presente et a toda vossa voz para senpre enna huna meatade et a vos Giraldo Domi[n]gez escripvam morador en Ourense enno dito Tendal da Figueira que sodes presente et a vosa moller Dominga Santiagesa que non he presente et a toda vossa voz para senpre enna outra meatade, quatro leyras de viñas que nos o dito cabiidoo avemos açerca desta çibdade d’Ourense enno lugar que disem a Cuyna, as quaes viñas parte[n] con viñas que y ten Pero Paes et con viñas de Estevuon Lourenço et con outras viñas de d’Alvaro Sanches visinos da çibdade d’Ourense et em çima topan con viñas da capela de Santo Anton que ora ten Gonçalvo Martines de Ribadavia et con viñas de Lourenço Peres d’Ayra sereyro, a qual ora ten Payno seu fillo et parten con viñas da capela de Santa Ouffemea, as quaes quatro leyras de viñas tevo de nos o dito cabiidoo aforadas Johan Sutil que foy et Costança Gonçalvez sua moller, as quaes nos reçebemos e mandamos reçeber por las maas paranças que em elas eran feytas et polo foro que nos delas non fezeron ata aqui commo de dereito podimas faser. Aforamos vos as ditas quatro leyras de viñas a cada huun de vos na sua meatade para senpre segundo sobre dito he con todas suas entradas e seydas, jures et perteenças por tal condiçon que vos et cada huuns de vos et todas vosas vozes lavredes et paredes ben em tal maneira que non desffalescan por mingoa de lavor et de boon paramento, et dedes ende a nos o dito cabiidoo de foro en cada huun anno en pas et em salvo ou aquel ou a aqueles que o por nos et em noso nomme overen de recadar et reçeber a quinta parte de todo o viño et conposta que deus y der, a conposta na viña e ho viño no lagar, as quaes novidades avedes de coller en cada huun anno por nosso home ou daquel ou daquelles que o por nos et em nosso nomme reçeberen, ao qual devedes de proveer de comer et de bever cumunalmente segundo vossa pose mentre collerdes a dita novidade. Et se vos ou as ditas vosas voses ou cada huuns de vos quiserdes vender, deitar ou supinorar as ditas leyras de viñas ou parte delas que primeiramente frontedes a nos ou aquell que o por nos ouver daver et nollo dedes polo ju[s]to preço que outre por elas der, et non no querendo nos por lo justo preço que enton ho vendades, deitedes ou supinoredes a atal pessoa que seia semelavil de vos que lavre et pare ben et cunpla et agorde todalas condiçoes desta carta et cada hua delas. Outrosy he posto que se contenda recreçer entre nos o dito cabiidoo et vos sobre rason das ditas viñas ou sobre parte delas sobre rason do dito aforamento, que seian tomados et escolleytos dous ou tres homes boons de nos o dito cabiidoo tomados a praser das partes por que se determine a dita contenda sem outra apelaçon alguna, et outrosy he posto que non ponades manda nen aniversario nen trebuto alguun sobre las ditas viñas nen sobre parte delas a outra igleia nen ha outra pessoa alguna nen seian obrigadas por deveda del rey nen por outras devedas a que vos seiades tiiudos et obrigados nen por omysío alguun em que seiades caydos. Et nos os ditos Lourenço Anes et Giraldo Domingues que somos presentes por nos et por las ditas nossas molleres que non som presentes et por todas nosas vozes para senpre asy reçebemos em nos as ditas leyras de viñas aforadas de vos o dito dean e cabiidoo pela maneira et condiçoens que ditas som, et para lav[r]ar et parar bem et pagar o dito foro en cada huun anno et conprir et agordar as condiçoes desta carta et cada huna delas obrigamos todos nosos beens movilis et rayses gaañados et por gaañar. E nos o dito dean et cabiidoo obrigamos os beens da nossa mesa para vos anpararmos et defendermos con esto que sobre [dito] he senpre a dereito con as ditas leyras de vinas que vos aforamos commo sobre dito. Posto foy et outorgado ontre nos as ditas partes que qual quer delas que contra esto quiser pasar en parte ou en todo et ho non conprir et agordar que peite aa outra parte que o conprir et agordar quiser por nomme de pena cem mor. da boa moeda et a penna pagada ou non que esta carta et aforamento fique firme et valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, viinte et seys dias do mes de março, era de mill et quatroçentos et qatorse annos. Testemuyas que foron presentes Gonçalvo Peres et Apparice Anes et Martin Geestosa raçoeyros da igleia d’Ourense et Rodrigo Afonso et Alvaro Lopes clerigos do coro da dita igleia et Gonçalvo Martines porteiro do dito cabiidoo et outros.

Et eu Gonçalvo Rodrigues notario publico da çibdade d’Ourense porlo bispo e por la igleia dese lugar et dado aas notas e escripturas que foron e pasaron por Roi Gonçalves notario que foy d’Ourense que esta carta que dey aa dita Dominga Santyagesa saquey de huna nota que iasia en huun livro de notas que pasou porlo dito Roi Gonçalves notario. A qual carta en miña presença o fis escripvyr e meu nomme e meu signal aqui fis en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta por que o dean e cabidoo d’Ourense aforou quatro leiras de viña ...