GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

337
1336, febreiro, 6. Lugo
Afonso Eanes, clérigo do coro de Lugo, dálle a Fernando Domínguez un soar en Lugo; este entrégalle a cambio unha leira na Porta Nova.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 17v.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Affonso Eanes, clerigo do choro de Lugo, et cappellan da cappella de San Martino, que he dentro enna iglesia de Lugo, con outorgamento de don Fernan Aras, dayam da iglesia de Lugo, et do cabidoo dese miismo lugar, da huna parte, et nos Fernan Domingues, cuyteleyro, fillo de Domingo Peres que foy, et Maria Aras, morador na rua da Cruz, filla d’Aras Nunes, da outra, façemos entre nos tal escanbeo valedeyro para senpre. Conven a saber que eu o dito Affonso Yanes, clerigo, veendo et entendendo que he prol da dita cappella dou et outorgo para senpre por jur de herdade a vos Fernan Domingues et Maria Aras, hun formal de casa que he enna çiudade de Lugo sub a cappella de San Pedro, que iaz entre os seydos das casas da Cuytellerya da huna parte, et da outra parte as casas da Rua Minaa. Conven a saber iaz o dito formal da huna parte o seydo da casa de casa (sic) de Pedro Çerdeyras, mercador, que conprou de Iohan de Silvarrey, et da outra parte a cortina de vos Maria Aras et Fernan Domingues, et d’ylarga fere en dereyto a cortina de Fernando Rodrigues que foy do Canpo; et da outra parte as cortinas que foron de Fernan Eanes do Canpo, con suas dereyturas et pertenenças et con sua parede et porta commo ora esta marcada et commo perteeçe a a dita cappella. Et nos, Maria Aras et Fernan Domingues sobreditos, damos et outorgamos a vos o dito Affonso Eanes, clerigo, para a dita cappella de San Martino que aia para senpre huna leyra d’erdade de huna mea teega semente, a qual leyra he fora da villa de Lugo da Porta Nova signo da cappela de San Pedro, que iaz da huna ylarga cabo outra leyra de Tareyia Peres de Françisco Martines, et da outra ylarga huna leyra de Pedro Eanes Barbaleda, et da huna testada fere no camino que vay da Porta Nova para o Castineyro, et da outra testada en huna leyra de Iohan Domingues do Puxigoo, que ora ten Pedro Savasches, con suas dereyturas et pertenenças, a qual leyra ora lavra Domingo Yanes, lavrador. Et eu, Affonso Eanes en nome da dita cappella, et nos, Maria Aras et Fernan Domingues por nos, outorgamos et avemos por firme para senpre por nos et por nossos susçesores este escanbeo sobredito que nos damos, et prometemos a a boa fe de non viir contra ellos por nos nen por outren en maneyra que seia. Et nos, Maria Aras et Fernan Domingues, obligamos nossos bees para façer senpre de paz esta leyra a a dita cappella. Et nos as ditas partes logo por esta carta nos entregamos et metemos no iur et na posison et propiadade dos ditos escanbeos que nos damos segundo dito he. Et nos os sobreditos dayam et cabidoo entendendo que este scambeo he proveyto da dita cappella de San Martino outorgamos-lo et avemoslo por firme en aquela mellor maneira que de dereito devemos. Et nos as ditas partes por que esto seia çerto rogamos et mandamos a Roy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor, tal huna commo a outra, et a dese a a parte que a quisese. Et nos o dito dayan et cabidoo por mayor firmidoe mandamos- la seellar de noso seello pendente.

Que foy feyta en Lugo enno thessouro da dita iglesia, seys dias de fevreiro, era de mill et CCC LXXª et quatro annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan de Deus, chantre de Lugo; don Gonçalvo Garçia, mestrescolla; don Aras Pellaes, thesoreyro; don Pedro Iacome, juys; Iohan Fernandes, Vaasco Rodrigues, Fernan Afonso, coengos de Lugo; Affonso Eanes et Iohan Gutierres, raçoeyros; Pedro Migueles et Fernan Eanes et Pedro Ferrnades, clerigo do coro de Lugo, ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario sobredito dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas et por mandado et outorgamento dos sobreditos dayam et cabidoo esta carta en minna presença fiz escrivir en este livro do cabidoo et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.