GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

63
1309, agosto, 3
poder

O mestre Xoán de Solbeira outorga poder (a Tomé Martínez) para comprar no seu nome unha leira de viña a Urraca Díaz sita en Calvos.



ACOu, Escrituras VI, 41


(...) de procuraçom viren que en presença Domingo Eanes notario por el rey en Ourense e (...) meestre Johan dito de Sorveyra coengo d’Ourense fezo seu procurador e seu pessoey(ro ...) morador en Calvos para reçeber por el e en seu nome a vendiçon duna leyra de viña que (...) Orraca Diaz filla de Diago Vaasquez dito Çide cavaleyro que foy da Regueenga avia de fazer en Calvos no lugar a que chaman a Pedra Pousadeyra e para reçeber o jur e a possissom dela et outrossy para reçeber por el a obligaçon que lle a dita Orraca Diaz avia de fazer de seus beens para anparar senpre o dito meestre Johan a dereyto con a dita leyra. Et que esto non veña en dulta deylle ende esta procuraçom feyta por min notario sobre dito. Que foy feyta en Ourense, tres dias dagosto, era de mill e trezentos e quareenta e sete annos. Tests. que a esto foron presentes Pero Fernandez dito de Loyro, Fernan Perez dito Crespo de Seyxalvo, Johan Fernandez fillo de Mariña Meendez de Sorveyra, Pero Eanes dito Carballeyra de Paaços e Lourenço Dominguez escrivam. Eu Domingo Eanes notario sobre dito foy presente a estas cousas sobre ditas e fizeas escrivir en mia presença e puge este meu signo en testimoyo de verdade que est atal

(sinal)