GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

509
1399, novembro, 28
foro

Pedro Iáñez, clérigo do coro, tenente da capela que ordenou Roi Pérez Fungoso, afóralle a perpetuidade a Xil Rodríguez de Soutelo, mestrescola, unha casa con adega, sobrados, balcóns e tendais sita na rúa da Correaría, que foi damnificada cando a vinda dos ingleses, por 15 libras.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo I, 36


Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Anes clerigo do coro das igleia d’Ourense et teedor que soo da suçisom que ordenou Roy Peres o Fungoso, por liçençea e autoridade que para esto me da dom Iohan Afonso de Castro arçidiago de Caldelas na igleia d’Ourense vigario jeeral do onrrado padre e señor dom Pedro por la graça de deus et da santa igleia de Roma obispo d’Ourense, dou e outorgo a foro a vos dom Gil Rodrigues de Soutelo mestrescola na igleia d’Ourense et a todas vosas vozes para senpre toda a parte e quiñon que a dita suçisom et eu por nome dela avemos e nos perteeçe et perteesçer deve de dereyto en hunas casas con sua adega e sobrados e balcoens e tendaas que estan enna çibdade d’Ourense enna rua da Correaria, as quaes partem dun cabo con outras casas que foron de Fernand Afonso de Milyde que ora ten Maria Vasques sua moller que foy et do outro cabo con outras casas en que morou Fernand Yanes clerigo que som da suçisom que ordenou Pero Dominges dos Brancos, a qual suçisom tem o dito Fernan Yanes clerigo, et a outoeyra das ditas casas topa na rua de Çima et teen as portas na rua publica da Correaria, ennas quaes casas morou Gonçalvo Anes coengo d’Ourense que foy. Aforo vos toda a dita parte et quiñon das ditas casas que lles aa dita suçisom perteensçe et a min por nomme dela segundo que estan demarcadas con todas suas entradas e seydas e con todos seus dereytos, jures e perteeças por tal condiçon que as reparedes et apostedes de todo aquelo que lles conprir et mester ouveren e as mantenades en seu revor en tal maneira que non defalescan por mingoa de bon paramento, et dedes ende vos o dito mestrescola e todas vosas voses a min o dito Pero Anes e aos outros teedores que porlo tenpo foren da dita suçisom de foro en cada hun anno en salvo por dia de San Martyño do mes de novenbro quinse livras de dineiros brancos contando viinte soldos por huna livra ou a estimaçon delles na moeda que correr. Et do al que ajades a dita parte e quiñon das ditas casas e adega et sobrados et tendaes livres e quitos de todo outro enbargo et encarrego alguun. Et se por la ventura vos ou as ditas vosas vozes quiserdes vender, deytar ou subpeñorar ou enallear a dita parte e quiñon das ditas casas e adega que primeiramente frontedes con elo a min o dito Pero Anes ou aos que porlo tenpo foren teendores da dita suçisom et nos lo dedes por lo justo preço que vos outro por elo der, et non o querendo nos por ese preço reçeber estonçe o vendede, deytade ou subpeñorade ou enalleade a semellavil pesona de vos que as repare e aposte do que lles conprir et as manteña en seu revor et page o dito foro en cada huun anno e cunpla e agarde as condyçoons desta carta e cada huna delas segundo que vos sodes tyudo. Et porla dita outoridade do dito vigario obligo todos los beens da dita suçisom avidos e por aver para defender et anparar senpre a dereyto a vos o dito mestrescola e a todas vosas voses con a dita parte e quiñon das ditas casas e adega que vos aforo commo dito he. Et eu o dito mestrescola que soon presente por min e por todas miñas voses asy reçebo de vos o dito Pero Anes a dita parte e quiñon das ditas casas e adega aforadas porla maneyra e condyçoens que ditas som, et para as apostar e reparar do que lles conprir e para vos pagar o dito foro en cada huun anno en salvo por lo dito dia de Sam Martiño, et para faser e conprir et agardar todas las cousas e condiçoens que em esta carta son contiudas e cada huna dellas obligo a elo todos meus beens eclesiastycos e segrares gaañados e por gaañar. Et he posto ontre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir et agardar quiser por nomme de pena e ynterese çem mrs. da sobre dita moeda e aa vos del rey outros tantos et a dita pena pagada ou non esta carta e as cousas en ela contiudas vallan e fiquen firmes para senpre. E eu o dito Iohan Afonso arçidiago e vigario sobre dito por quanto sey e soon çerto por omes dignos de fe e de creer e por juramento que sobre ello reçeby do dito Pero Anes sobre santos avangeos que as ditas casas estavan mal apostadas e danifycadas e queymadas e destruydas da viinda que os yngreses (fes)eron a esta çibdade e estavan ia para caer por mingoa de paredes e de tella quando as o dito mestrescola cobrou. Et por quanto as o dito Pero Anes non podo nen pode reparar segundo me feso çerto por seu juramento et por quanto as o dito mestrescola reparou e apostou de todo o que lles feso mester, por ende acho que o dito aforamento feito porlo dito Pero Anes he prol e boon paramento da dita suçisom. Et por ende eu o dito vigario porlo poder ordinario da vigaria que ajo do dito señor obispo entrepoño meu degredo ao dito aforamento et mando que valla e aja firmedue para senpre segundo e enna maneyra que he feito et dou poder ao dito Pero Anes para que o faça segundo e enna maneira que o fas. Feita a carta en Ourense, viinte e oyto dias do mes de novenbro do anno do naçemento de nosso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e nove annos. Testemunyas que a esto presentes foron Martim Peres Geestosa, Ares Lourenço, Roy Gonçalves, Gonçalvo Anes de Noya, Estevo Peres coengos da igleia d’Ourense et Garçia Prego raçoeyro na dita igleia e outros.

Et eu Gonçalvo Fernandes notario publico da çibdade d’Ourense por lo bispo e por la igleia dese lugar a esto que sobre dito he con as ditas testemunyas presente foi e o escripvi e aqui meu nomme e meu signal fis en testymunyo de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Carta das casas d(...)
que estan ena Correaria.