GMH/ÍNDICE A-Z

480
1434s/d

Álvaro de Aguiar, cóengo e capelán de Santa María de Vilaza, afora a perpetuidade ao escudeiro Vasco Pérez de Vilaza dous pardieiros sitos nesa freguesía por 5 mrs., con condición de erguer casas neles. (fols. 144v-145)

   

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Alvaro d’Agyar, canonigo enna igleia d’Ourense et capelan perpetuo da capela de Santa Maria de Vylaça, dou et outorgo, aforo a vos Vaasco Peres de Vylaça escudeiro que sondes presente et a vosa moller Tereija Fernandes que non he presente \moradores enna dita aldea de Vilaça/ et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo dous pardeiros que son da dita \miña/ capela et estan enna \dita/ freigesía de Santa Maria de Vylaça, et huun delles parte con casa da \dita igleia e capela de/ Santa Maria de Vylaça et da outra parte con casa de Vasco do Castineiro et ten a porta enna rua publica et ho \outro/ parte con casa de vos o dito Vasco Peres et da outra parte con outro çeleiro de Santa Maria \de Vilaça/ e ten a porta enna dita rua publica. Aforo vos os ditos dous pardeiros \do çeo a terra/ con todas suas entradas et seydas et dereitos e jures et perteesças por hu quer que os ajan et devan aver de dereito, por tal pleyto et condiçon (fol. 144v)

etç. por tal condiçon que os corregades \que corregades os ditos dous pardeiros/ et façades delles casa et as apostedes et reparedes e mantenades en boon revor etç. \en tal maneira como non desfalescan por mingoa de lavor et de boon paramento/ e diedes et pagedes por elles de foro en cada huun anno por anbolos ditos soares çinqo mrs. de dños. brancos de dez dños. cada moravedi ou a estimaçon delles etç. \a min e a meus suçesores/ por cada dia de San Martiño do mes de novenbro, et do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender etç. e non faredes manda nen oniversario a outra igleia salvo a dita capela etç. etç. et obrigo os beens da dita capela, eclesiasticos et segrares etç. et eu o dito Vasco Peres obrigo meus beens de pagar os ditos çinqo mrs. etç. Penna çen mrs. etç., que foron presentes frey Diego fraire do mosteiro de San Françisco de Monterrey, Afonso do Cabo et Rodrigo escripvan.