GMH/ÍNDICE A-Z

937
1416, novembro, 27. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi Pérez, á súa muller e a toda a súa voz un terreo edificable na rúa Travesa por renda anual de tres marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 120 r.
       

Sabean quantos esta carta viren como nos as persoas coengos, benefiçiados, et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en nosso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente nosso consello et deliberaçon, et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos subçesores, et de consintimento et outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, aforamos a vos Roy Peres da Porta Mina, mercador, vesino de Lugo, et a vosa muller, Eynes Afonso, et a vosa voz por jur de herdade para senpre jamays, huna praça et formal de casa que he dos ditos aniversarios, que esta en a çiudade de Lugo en a rua Travesa, et esta junta de huna parte con huna casa de vos, o dito Roy Peres, que he vosa et do ospital dos proves vergonçosos et da outra parte esta junta con outra casa que he de vos, a dita Eynes Afonso, et de Maria Nova do Campo, vosa yrmaa, a qual dita praça he sub signo da Capela de San Pedro desta çiudade de Lugo, a qual vos aforamos con suas entradas et seydas et jures et dereyturas et pertenenças segundo perteesçe a os ditos aniversarios, a qual vos, o dito Roy Peres, et vosa muller ora teedes a jur et a mao, a a tal condiçon que façades dela casa, ou o que entenderdes que vos compre, et dedes et paguedes vos, o dito Roy Peres, et vosa muller et toda vosa vos para senpre de foro et renda en cada hun ano, a aquel que for moordomo et destribuydor dos aniversarios do dito cabidoo, tres moravedis de moneda vella, et os paguedes cada ano en a moneda que se pagaren os outros foros do dito cabidoo por dia de Natal en salvo en Lugo.
Et eu, o dito Roy Peres, que presente estou por min et por la dita mina muller et por toda nosa vos asy reçebo o dito foro do dito formal de casa de vos, o dito cabidoo, et obligo a min et a todos meus bees, et espeçialmente obligo a dita metade da dita casa que ey con o dito ospital que os ditos tres moravedis se den et paguen de cada hun ano para senpre jamays a vos, o dito cabidoo, por lo dito dia de Natal sen exençon et contradiçon alguna.

Et nos, o dito cabidoo, con outorgamento do dito Lopo Ferrnandes, coengo et rendeyro prinçipal dos ditos aniversarios, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes mandamos a o notario iuso scripto que fesese delo duas cartas anbas feytas en hun tenor, huna para nos, o dito cabidoo, et outra para vos, o dito Roy Peres, et vosa muller et vosa vos et as signase de seu signal.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, viinte et sete dias do mes de novembro, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que dito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Rodrigo Afonso, juyz; don Lopo Dias, mestrescola; Rodrigo Ares, chantre de Santiago, Lopo Ferrnandes, Johan Eanes, Fernando Rodrigues, Rodrigo Ares, Johan Lopes, Afonso Teyxeyro, Nuno Gomes, Afonso Ares, coengos; Pedro Ferrnandes, Afonso Rodrigues, Fernando Rodrigues, raçoeyros, ts.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta scripvi et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Fernandes, notario.