GMH/ÍNDICE A-Z

17

1416, decembro, 7.
O Concello outorga ó mercador Gil Pérez, un terreo na praza de Mazarelas para que faga unha casa, porque o Concello derrubáralle unhas casas que estaban á beira da muralla da cidade para aver andameo e cerqua.

Septe dias do mes de desenbre. Sabean todos que nos o conçello, alcalles et regidores jurados et homes bõos da çidade de Santiago seendo juntados enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil, segundo que avemos de uso et de costume, presentes enno dito conçello nos Martin Serpe et Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade, Martin Galos, Alvaro Afonso Juliate et Afonso Fernandes Abril et Gomes Rodriges, bachiller en Decretos et Juan Ares da Canna, regidores jurados enna dita çidade por quanto nos somos çertos que o conçello derribou et mandou derribar hũas casas de vos Gil Peres, mercador, as quaes estavan feitas et edeficadas et levantadas ontre as casas en que agora mora Fernan Martines alfayate et outras casas de vos o dito Gil Peres que estan juntas con o muro da dita çidade, çerqua da Porta de Maçarelas ennas quaes agora mora Juan de Melide, çapateiro, et a qual casa o dito conçello mandou derribar para aver andameo et çerqua da dita çidade segundo que o agora han por ende nos o dito conçello, justiças jurados et omes bõos en comenda et correjemento da dita casa que asi fui derribada a vos o dito Gil Peres, damosvos et outorgamos en pura et livre doaçon por jur de herdade doje este dia endeante pra senpre o terratorio que jas enna praça de Maçarelas junto por parede con a casa de Diego de Ferreiro, caldereyro, et da outra parte ven topar enna rua publica que sal enna dita porta contra a porta de Maçarelas, o qual terratorio he denos o dito conçello et o qual vos damos para que posades faser et façades en el hũa casa et para que posades faser et façades do dito terratorio et casa que asi en el edeficaredes et levantaredes toda vosa voontade para senpre asi como de vosas cousas propias et todo jur, señorio, posison, propiedade, vos, auçon et dereito que o dito conçello et nos avemos enno dito terratorio tiramoslo et quitamoslo de nos et de nosos subçesores et poemoslo et traspasamos en vos o dito Gil Peres et de vosos herdeiros et subçesores et daqui endeante façades de todo elo et de parte delo todo o que quiserdes et por ben toverdes asi como de vosas cousas propias libres, quitas et desenbargadas et por esta dita carta et con ela apoderamos en todo elo a vos o dito Gil Peres para que por vos mesmo cu por quen vos quiserdes posades entrar et tomar de vosa propia autoridade sen licençia et mandado de aguo juis nen alcallde nen outro ofiçial qualquer o sobre dito terratorio que vos asi damos en doaçon et a posison del. Et prometemos de non revocar esta doaçon nen procuremos que seja revocada por nos nen por outro en noso nome en algũo tenpo nen por algũa maneira en juiso nen fora del so penna de çinquo maravedis que nos obligamos de pagar por pena a vos ou a vosa vos se contra elo viermos et a penna pagada ou non pagada todavia esta doaçon et as cousas en esta carta contiudas fiquen firmes et vallan para senpre et sobre esto et sobre parte delo renunçiamos a todas las leys et dereitos escriptos et non escriptos canonicas et çevires, libertades, usos et custumes et a pedir benefiçio de restityçon in integrum et a todas las outras boas rasoes et eixencoos et defensores quepor nos et en nosa ajuda et por revocar et contradiser esta doaçon poderiamos diser et alegar que o non digamos nen alegemos por nos nen por outro et posto que o queiramos diser et alegar que nos non valla nen sejamos sobrelo oydos en juiso nen fora del et eu o dito Gil Peres que presente soo por min et por miñas voses asi o reçebo feita et outorgada esta carta de doaçon enno dito lugar anno, dia et mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes Juan Bugeirete, et Alvaro Peres da Canna, çidaaos de Santiago et Gonçalvo Sopas, canbiador et Afonso do Barquo, carralleiro, et Gonçalvo da Mella, armeiro, vesiños da dita çidade et Fernan Montesiño criado do dito Rui Martines, notario. Dada a Gil Peres por lo scusador.//
(Fol. 8 vº)