GMH/ÍNDICE A-Z

93

1342, outubro, 20. Vilamaior-Mondoñedo.
Escritura de venda outorgada por Afonso Eanes, notario, a favor de María Gardada, criada do crego de Meirás, Domingos Frade, das súas casas da rúa da Fonte (Mondoñedo).
A, perg., con dobre signo notarial, de 300 x 265 mm. Letra gótica cursiva.

Era de mill et ccclxxx annos vinte dias d-outubro. Sabian quantos esta carta viren commo eu Affonso Eanes, notario de / Villamayor fillo de Johan Fremosso et de Guiomar Affonso que foron por min et por minna vos a uos Maria Gardada man/çeba de Domingo Frade clerigo de Meyras enna meatade et a uosos fillos Johane et Ynes que auedes do dito / Domingo Frade enna outra meatade vendo as minnas casas da Fonte commo departen da casa que Maria a uisiboa uendeu / a Pedro Calçon por parede et por balado et da outra parte das casas en que morou Roy Fernandes da Garda que ora ten sua filla / Aldara et ende commo departe da cortinna por sua agoa uertente por la marco que y esta et commo fere enna rua publica. / As quaes casas vos uendo con sous sobrados en fondo et ençima enno alto et enno baxo et con dous soldos que ha de solda/riça. Et resebi de uos por preço et por roboraçon que a min aprougo desta vençon quinentos et trinta mor. / desta moneda que ora corre de nosso sennor el rey don Affonso a x dineiros o mor. do que me outorgo por ben pagado / ca mos pagastes en presença do notario et testemoyas. Et obligo por min et por meus bees a faseruos esta uençon de pas / para senpre et por esta carta uos meto logo enno jur et propriadade das ditas cassas et tiro ende a min / et a minna uos para senpre. Et que seia çerto mandouos ende fasçer esta carta por lo notario subescripto. Testemoyas que pre/sentes foron Affonso Martin da Regueyra alfayate Fernando Amado ferreiro Domingo Pestana Affonso Peres dos Noyos. / Iten este dia et era sobredita en pressença de min notario subescripto et testemoyas Crara Eanes criada de Johan Eanes prior / de San Martinno et filla d-Eluira Fernandes disso que outorgaua esta vençon das ditas casas que o dito Affonso Yanes / fasia et que a daua por firme et por valiossa para senpre et ella et o dito Affonso Eanes que presente estaua mandaron a min notario que lle fesesse delo huna carta. Testemoyas Fernan Aras et Johan Martines hommes do bispo de Mendonnedo Afonso Peres dos Noyos / Et eu Domingo Peres notario publico dado do bispo en Vilamayor a todo esto presente fuy con las ditas testemoyas e vi pagar os dineiros et a rogo et por mandado do dito Affonso Eanes et por outorga/mento et mandado da dita Crara Eanes esta carta escriui et en ela puge meu nome et meu sinal en testemoyo de uerdade que he tal. Feyta en Vila/mayor enno dia et Era sobreditas et por las ditas testemoyas (Signo).
Era de mill et ccclxxx annos xxi dia do dito mes d-outubro en presença de min Domingo Peres notario publico jurado dado / do bispo en Vilamayor et das testemoyas adeante subescriptas a dita Maria Gardada foy reseber as dictas / cassas que lle o dito Alffonso Eanes vendera et o dito Affonso Eanes por ante a dita Crara Eanes doulle / a chaue dela et apoderoa enna dita cassa et enno jur et propriadade dela. Et desto en / commo passou a dita Maria Gardada pediu a min notario hun testemoyo de commo o dito / Affonso Eanes con outorgamento da dita Crara Eanes apoderaua enna dita cassa et enna propriadade / dela. Testemoyas Affonso Martines Paredes(?) Affonso Martines alfayate Domingo Pestana Johan Peres pilario(?) / et outros.
Et eu Domingo Peres notario sobredito que a todo esto presente fuy et puge aqui meu signal en / testemoyo de uerdade que he tal. (Signo).

(Reverso):
M. iii. n. 33. Carta das heredades que Lorenzo deu ao cabidoo.