GMH/ÍNDICE A-Z

42

1417, maio, 15.
Medidas do Concello para levar a cabo o mandato do arcebispo don Lope de Mendoza de construír un rollo no monte Ouriz.

Quinse dias do mes de mayo. Sabean todos que seendo os alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago juntados en consistorio enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade segundo que han de uso et de costume, presentes ende Fernand Ares Xarpa et Pero Yanes Abraldes, alcalles da dita çidade et Martin Serpe //
(Fol. 18 vº)
et Gomes Rodriges, bachiller en decretos et Fernan Gonçalves do Preguntoiro et Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, Alvaro Afonso Juliate, Juan Ares da Cana regidores juntados enna dita çidade et en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testemoyas adeante scriptas; logo enton, os ditos alcalles et regidores sobreditos diseron que por quanto oje este dia lles fora mostrada hũa carta mesajera que noso señor o arçobispo de Santiago don Lope lles enbiara, enna qual se contiinan entre as outras cousas que o dito señor lles enviara a diser que por quanto enna tal çidade como esta non avia lugar perteeçente en que se exsecutase a justiça, que acordara de mandar faser enno lugar que disen Monteooris hũu rollo segundo que estava ennas outras çidades do regno, para o qual enviara mandar a os pedreiros et carpenteiros da dita çidade et de seu giro asi os que eran ofiçiaes da obra da sua igllesia como aos outros que o non eran que cada hũu deles dese para ajuda da dita obra dous dias de lavor sen levar por elo preço algũo et que mandara a o dito conçello que mandase dar para elo todas las outras cousas que fosen neçesarias segundo que fose ben visto por eles os ditos alcalles et por lo dito Martin Serpe aos quaes o dito señor enviara encargar et encomendar a carga da dita obra. Por ende que eles por conprir mandado do dito señor arçobispo et outrosi porque os taes pedreiros et ofiçiaes et serventes que ouvesen de estar enna dita obra ouvesen mais voontade de estar en ela que mandavan et mandaron a Bernald Yanes do Camiño et a Gil Peres, procuradores do dito conçello, que presentes estavan, que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdavan ou avian de recabdar que desen et pagasen ende a cada pedreiro dos que estovesen enna dita obra a cada ũu tres maravedis, contando blanqua a tres dineiros et a os serventes que esto mesmo estevesen enna dita obra a cada hũu quinse dineiros da dita moeda et que desen mays todas las outras cousas que fosen necesarias para o dito lavor segundo que lle mandasen os ditos Fernand Ares et Pero Yanes et Martin Serpe aos quaes fora dado o cargo da dita obra por lo dito señor et que mandavan que llos fose reçebido en conta et en por os ditos jornais que asi avian de diser aos pedreiros et serventes et todas las outras cousas que gastasen et desen por mandado dos sobreditos para a dita obra. Testemoyas que a esto foron presentes Vaasco Peres Abril, canbeador et Vaasco Troquo vesiños da dita çidade e Domingo Longo et Fernan Vieytes, servente do dito conçello.