GMH/ÍNDICE A-Z

103
1434, febreiro, 15

Maria Oanes da Feira, moradora en Pontevedra, e o seu fillo Juan da Feira, monxe do mosteiro de San Francisco, donan á confradía de Santa Catalina de Pontevedra a sexta parte dunha leira de viña en San Mamede de Moldes, con condición que tomen parte nos beneficios da confradía.

(ff. 49-49 v)

XV dias de fevreiro. Sabean todos eu Maria Oanes da Feira morador ẽna villa de Pontebedra, et eu Juan da Feira fraire conventual do moesteiro de San Françisco da dita villa, fillo da dita Maria Oanes, que somos presentes et que fasemos por nos et por todas nosas vozes, non costrengudos por força nen por engãno resçebido, mas de nosa livre et propia voontade et por lo amor de Deus et en esmola, damos et outorgamos en pura, justa et saa doaçon, por jur de herdade para todo senpre aa confraria de Santa Catalina da dita villa et vicarios et confrades dela, toda a nosa sesta parte entregamente da leira de viña desimo a Deus que disen dos Canos, fiigresia de San Mamede de Moldes, da qual dita leira de viña hũa terça parte dela he de Juan Bieites Conpano et de sua moller Costança Fariña et outra terça parte he da capela de Santo Spiritus de // Santiago et outro sesto he da dita confraria.

(Tres liñas deixadas en branco polo notario)

Et esta doaçon vos fasemos asi por lo amor de Deus et en esmola et por las almas de aqueles a que somos obligados et por que eles et nos sejamos quinoeiros en todos los bẽes et sacrifiçios que se feseren et diseren ẽna dita confraria, et queremos et outorgamos que desde oje endeante a dita confraria et vigarios et confrades dela, os que agora son et foren desde aqui endeante, posan entrar et resçeber a dita sesta parte da dita viña que vos asi damos, et fazer dela et en ela todo o que quiseren et por ben toveren para senpre. Et todo jur, señorio, posison, propiedade, vos et dereito et auçon que nos et nosas vozes abemos en esto que dito he que asi damos aa dita confraria, de nos et de nosas bozes o tiramos et tollemos et ẽna dita confraria et vigarios et confrades dela o poemos et traspasamos por esta presente carta de doaçon que lles ende delo damos et outorgamos en lugar de señorio et posison corporal, et prometemos et outorgamos de non bĩir nen pasar contra esta dita doaçon en ninhũu tenpo que seja aa boa fe de Deus et sen mao engãno, et por juramento que ende fasemos en este signal de crus en que eu a dita Maria Oanes poño mĩas maos, et eu o dito frei Juan ẽno abeto de San Françisco en lugar de santos avangeos, et so pena de mill mrs.

(cinco liñas deixadas en branco polo notario)

Et eu Afonso d´Aranga, vigario que asi agora soo da dita confraria, por min et en nome da dita confraria et vigarios dela asi o resçebo.

(unha liña deixada en branco polo notario)

Testemoyas Juan Bieites conpano, Juan Pescado et Pero do Prazer et Lourenço Yanes et Afonso Rodrigues et Pero da Varsea et Juan de Parada et Pero Eanes da Feira et Afonso Dias, alfayates.

Feita.