GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

197
1322, marzo, 3. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Roi Vázquez, clérigo, e a unha voz un casal en Santa Mariña e San Verísimo de Barxa de Lor por 40 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 61r.

Era de mill et CCC LXta annos, tres dias de março. Don Fernan Areas, dayam de Lugo, et o cabidoo desse mismo lugar avervaron a Roy Vaasques, clerigo de Quintaa de Lor, en todos seus dias, et de huna pessoa qual nomear en morte ou en vida este Roy Vaasques, o casal que e dos aniversarios, que chaman de Ponte, que e na figregia de Santa Marina et de sam Vereyxemo de Varçea de Lor, con todas suas pertenenças et dereyturas per ut quer que vaam, assi commo o teveron os que ata aqui en el moraron, et a o de faser lavrar et parar ben, et a de dar de renda cada anno deste casal, el et a pessoa que nomear, quareenta moravedis d'oyto soldos o moravedi desta moneda del rey don Fernando que foy en Lugo, en salvo cada anno de toda cousa, por dia de Santi Spiritus, a aquel que tever os aniversarios, et non debe a descontar grando, nen geada, nen rouba, nen força, nen outra coussa se non dar estes XLª moravedis en salvo en Lugo de toda cousa. Et para comprir assi obligou si et seus beens iglesiarios et leygarios ut quer que os ouvesse. Et demays deu fiador: don Fernan Aras, dayam sobredito, el presente et outorgante. Et demays este Roy Vaasques renunciou et prometeu que nunca contra esto nenuna coussa podessem diser; et demays a a morte deste Roy Vaasques deve a dar outro fiador a pessoa que el nomear que cumpla esto que sobredito he que o dito Roy Vaasques a de comprir, et que page estos XLª moravedis, assi commo dito he, se non que lle reçeban o casal. Et a a morte d'aquella pessoa que el nomear deve aficar o dito casal livre et quito a o dito cabidoo con quantos boos paramentos que en el foren feitos.

Et eu o dito Roy Vaasques assy outorgo a comprir commo dito he.

Presentes foron: o dayam sobredito; Fernando de Deus, chantres; don Rodrigo Alvares, meestrescolla; Meestre Affonso, archidiacono de Deçon; don Johan Beçerra, iuys de Lugo; Andreu Peres, Jacome Eanes, Francisco Guillelmes, Afonso Eanes, Afonso Peres, o thesoreyro Pedro Savasches.

Et eu Garçia Affonso, notario publico de Lugo, a esto presente foy et por mandado do dito dayam et dos [...] scrivi aqui esta carta et puge en ela meu sinal.(+).