1324, abril, 18. Lugo
Era
de mill et CCC LXª et dous annos, XVIII dias d’abril. Seendo o
dayan, don Fernan Arias, et o cabidoo de Lugo que enton eran
presentes, seendo iuntados eno thesouro da dita iglesia de Lugo ut he
acustumado desse iuntaren a cabidoo, don Rodrigo Alvares,
meestrescolla de Lugo, rendeyro dos anniversarios da dita iglesia,
con outorgamento do dito cabidoo, arrendou a don Fernan de Deus,
chantres de Lugo, por en todol-los dias deste chantres, dous casares
que som dos aniversarios, a hun delles chamado Bade et outro
Forcados, que son en Sardineyra por triinta moravedis d’oyto soldos
o moravedi desta moneda del rey don Fernando cada en salvo en Lugo
por Natal. Et o dito chantres deu fiador que os pagasse commo dito
he: Fernan Alvares, coengo da dita iglesia, el presente et
outorgante. Testemoyas: Francisco Guilelmes, sanchristan, Pedro
Miguelles, Jacome Eanes, Pedro Ferrnandes, clerigos do dito coro.
Et
eu Garçia Affonso, notario publico de Lugo, a esto presente foy et
esta carta scrivi et puge y meu sinal.(+).