GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

709
1370. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Costanza Rodríguez e a dúas voces unha casa pertencente aos aniversarios por renda anual de cinco marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 17r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don Roy Fernandes, dayan de Lugo, et as persoas et coengos dessa iglesia, estando iuntados en cabidoo enno coro da dita iglesia, segundo avemos de costume, aforamos a vos Costança Rodrigues, filla de Rodrigo Eanes, scudeyro do bispo de Lugo, por en vosa vida et de duas persoas depus vosso finamento, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, a cassa que he dos aniverssarios desta iglesia que esta entre las casas en que ora mora Sancha Lopes, yrmaa do bispo, da huna parte, et as casas que foron de Vaasco Ferrnandes do Campo, da outra; a a tal condiçon que a dita Costança Rodrigues repare a dita cassa et la tenna en boo paramento, et de cada anno de foro dela, ela et as ditas persoas, çinquo moravedis por Santa Maria d’agosto en salvo.

Et eu, a dita Constança Rodrigues, que estou presente por min et por las ditas persoas asy reçebo o dito foro da dita casa et obligo meus bees et seus para o comprir en todo segundo dito he.

Testemoyas: don Iohan Affonso, arçidiago de Deça; don Gonçalvo Eanes, mestrescola; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarria; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Triacastela; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Roy Gonçalves, mestrescola; et don Diego Gomes, [thesoreyro]; Thomas Gonçalves, Fernan Peres, Lopo Eanes et Gomes Eanes, coengos; Arias Peres, raçoeyro; et Lopo Peres, porteyro, et outros.

Feyta foy a dita carta enno seys dias [...], era de mill et quatroçentos et oyto annos.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo bispo dese lugar, a esto foy presente et fis scripvir esta carta en minna presença et aqui puge meu signal.