GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

818
1380, abril, 21. Lugo
Don Arias Pérez, arcediago de Dozón, co consentimento do Cabido, afóralles a Afonso Gómez e á súa muller e a unha voz unhas casas próximas ao mosteiro de Santo Domingo de Lugo por renda anual de 15 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/1, perg. orix., galego, gótica cursiva, 309x182 mm.

Sabeam todos que eu Arias Peres, archidiago de Deçon, teente os bees da capella de San Domingo, que noso sennor don frey Pero Lopes obispo de Lugo tornou en esta iglesia de Lugo por tal que se dissesen en ela misas por la alma del rey don Enrrique, a que Deus perdoe, et por la vida del rey don Iohan, que Deus mantenna, et dous outros reys de Castella que despoys del veeren, con outorgamento de don Johan Afonso, dayan de Lugo, et de don Rodrigo Afonso, archidiago de Deça, et das outras persoas et coengos desa iglesia que son presentes et outorgantes afforo a vos Afonso Gomes, tonelleiro, morador en Lugo, et a vosa muller, Tareia Rodrigues, por vosa vida de anbos et de huna persoa qual o pustrimeiro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, as casas que son da dita capella que estan a as Kalendas a par do moesteiro de San Domingo, con suas entradas et saydas, iures et agoas vertes, que son sub signo da capela de Santiago de Lugo, a a tal condiçon que vos et a dita persoa tennades as ditas casas feytas et reparadas en boo paramento do que ouveren mester et que diades de cada anno de foro delas, a min ou a aquel que tever os bees da dita capela, quinse moravedis de oyto soldos o moravedi desta moneda usual por dia de Natal, et a voso finamento et da dita persoa que para esto for nomeada que as ditas casas fiquen livres et quitas et desenbargadas a aquel que teber os bees da dita capela, feytas et en boo paramento.

Et eu, o dito Affonso Gomes, que estou presente por min et por las ditas minnas muller et persoa asy reçebo o dito foro das ditas casas de vos, lo dito archidiago, et obligo min et todos meus bees et seus para o comprir en todo commo dito he. Et eu, o dito arcidiago, asy vos lo outorgo. Et porque esto seia çerto nos as partes rogamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tennor signadas de seu signal.

Feytas en Lugo, viinte et hun dias de abril, era de mill et quatroçentos et des et oyto annos.

Testemoyas: o dito dayan; et don Pedro Arias, arçidiago de Neira; et don Pero Arias, arçidiago de Triacastella; don Diego Gomes, thesoreyro; don Tomas Gomes, juys; Fernando Peres, Afonso Ferrnandes, Arias Ferrnandes, et Diego Lopes, coengos de Lugo; Affonso Yanes, et Johan Gomes, et Alvar Ferrnandes, raçoeyros de Lugo; et Lopo Peres, porteyro do cabidoo, ts., et outros ts.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo polo bispo dese lugar, a esto foy presente et esta carta aqui en minna presença fiz scripvir a pitiçon das partes et aqui puge meu signal. (+).