GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

829
1380, decembro, 17. Lugo
O bispo de Lugo afóralle ao arcediago de Dozón, Arias Pérez, e a dúas voces unhas casas da mesa bispal na rúa de Bermudo Sánchez por renda anual de dous capóns o primeiro beneficiario e 10 marabedís as voces.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/3, perg. orix., galego, cortesá, 154x174 mm.

Sabeam todos commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por moyto serviço que nossa iglesia et nos avemos reçebido de vos Arias Peres, arçidiago de Deçon, enna nossa iglesia et nosso [bispado] outorgamos-vos et damos aforo et vervo por en toda vossa vida et a duas pessoas a pus voso finamento, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela que de vos for nomeada en vida ou a tempo de vosso finamento, as nossas casas que son da nosa mesa que estan enna çibdade de Lugo ena rua de Vermun Sanches, sub signo da capela de Santiago, que de nos tinna aforo Jacome Guillelmes, notario que foy de Lugo, por sua vida et d’outra pessoa, et a vos nomeou por pesoa delas ante de seu finamento, as quaes vos damos no dito foro segundo dito he con todas suas dereituras et pertenenças, segundo as vos ora teedes et usades et se [...] por vertude do dito foro, a a tal condiçon conven a saber que vos et as ditas pessoas moredes ou façades morar et apostar et reparar ben as ditas casas de todos los lavores que lle feçeren mester, et as mantenades feytas et en boo estado, et dedes et paguedes de foro delas a nos, o dito sennor obispo, et a nossa iglesia ou a nossos subçessores vos o dito Arias Peres, arçidiago, o foro que o dito Jacome Guillelmes et vos delas aviades de pagar por vossa vida que son dous capoes en cada hun anno; et a pessoa que for nomeada que nos de et pague des maravedis longos en cada hun anno, et a postrimeyra pessoa que de vos for nomeada da que vos nomeardes que nos de de foro delles quinse maravedis longos en cada hun anno; et non nomeando vos ou a pessoa que de vos for nomeada que fique nomeada por persoa aquel que vosos bees ou seus herdar de dereito. Et non avedes a vender, nen allear, nen subpignorar este dito foro, nen as ditas pessoas, a outro algun sen nosa liçençia et consintimento, ou de nosos subçessores; et a finamento da dita postrimeira pessoa que for nomeada as ditas casas an de ficar livres et quitas et desenbargadas et feytas et ben reparadas a nos, o dito sennor obispo, et a nossa iglesia con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos.

Et eu o dito Arias Peres, arçidiago, que presente estou por min et por las ditas pessoas asi reçebo de vos, o dito sennor obispo, o dito foro et vervo das ditas casas, et obligo meus bees et seus de o comprirmos et pagarmos en todo segundo sobredito he, et sub penna de çent moravedis. Et nos, o dito sennor obispo, por nos et en nome da nosa iglesia asi vos lo outorgamos, et porque esto he çerto mandamos seelar esta carta de noso seelo.

Feyta en Lugo, des et sete dias de desembre, era de mill et quatroçentos et des et oyto annos.

Testemoyas que foron presentes: don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Arias, arçidiago de Neira; Fernan Afonso de Belmonte; Afonso Touron, escripvan.

Johan Arias.