GMH/ÍNDICE A-Z

28

1417, febreiro, 25.
Gómez Rodríguez declara ter recibido os maravedis que lle correspondían dos marcos do arcebispo.

Viiente et çinquo dias do mes de fevereiro. Sabean todos que eu Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurado da çidade de Santiago confeso et outorgo que reçeby de vos Bernald Eanes do Camiño et Gil Peres procuradores do conçello da dita çidade os maravedis dos marquos que noso señor o arçobispo de Santiago ouvo de aver do dito conçello este anno da feita desta carta, os quaes maravedis eu del teño en merçed en cada huu anno et os quaes maravedis dos ditos marcos me pagastes et eu reçebi de vos en dineiros contados de que me outorgo por entrego et ben pagado a mĩa voontade sen mingoa algũa et renunçio a ley do aver non dado nen contado, visto nen reçebido nen pagado en presença do notario et testemoyas et a toda outra eixençon que nunca delo diga o contrario, et dou por quito et libre a o conçello da dita çidade et a vos os ditos procuradores en seu nome dos ditos marquos que eu en nome do dito señor ouve de aver este dito anno, por quanto me foron pagados segundo dito he. Et he a saber, que este ditos maravedis que me asi pagastes et eu reçebi de vos segundo dito he me ouveran de seer pagados enno mes de março primeiro que ven en este dito anno et vos os ditos procuradores pagastemos ante do dito tenpo por me faserdes graça et boa obra et porque esto seja çerto, outorgey esta carta de pago por ante o notario publico et testemoyas ajuso escriptos, que fuy feita et outorgada enna dita çibdad, anno, dia et mes susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Feran Rodriges de Betanços, bachiller en decretos, coengo enna iglesia de Santiago et Juan Fernandes Abril et Vaasco Fernandes Troquo, vesiños da dita çibdade.