GMH/ÍNDICE A-Z

259

maio, 25

Fernando de Ares, morador en Terra de Portomarín, presenta denuncia contra Afonso de Paredes, preso na cadea do Concello, polo roubo de 25.000 mrs., perpetrado na súa casa xuntamente con outros cómplices. (fol. 84v)

Fernando d’Ares.

Et despois desto, martes XXVº dias do mes de mayo, Fernan d’Ares, morador en Grondame, que he en terra de Porto Marin, deu querella a Loys Gonçalves e Afonso Anes juises desendo non se partindo dos testemunyos e requerimentos que feitos avyan, ante afirmandose en elles, que por rason que elles tiñan preso en cadea a Afonso de Paredes a seu pedimento, por conta de viinte \e çinqo/ mill mrs. de moeda vella que lle el e outros con el roubaran de dentro de sua casa de morada, segundo que diso que ja os avya confesados, por ende que lles requeria que non desen soltos nen fiado ata que lle pagase todo o que lle tomara e ouvera en en sua partiçon, et fasendo asy que farían ben e dereito etç., senon que protestava de os aver delles etç. et os ditos juises diseron que era verdade que o tiñan preso e o dito que o non darian solto nen fiado ata que el fose pago dos ditos mrs., e o dito Afonso Yanes diso que o dito Loys Gonçalves que o tiña preso e que lle requeria que o non soltase nen dese solto nen fiado, senon se se fose que el non fose a elo tiundo etç. et que lle negavan suas estimaçoens et protestaçoens. Tests. Diego Meendes escripvano e Rodrigo de Sandoval et Lopo do Barreo et Lopo das Quintaas.