GMH/ÍNDICE A-Z

G-F2
1487, febreiro, 3
O notario Xoán García subafora a sete voces a Fernando de Zaame, morador en Piñor, dez cavaduras de bacelo, monte e viña co seu lameiro, coa condición de plantar novamente de viña o monte, por renda anual dun puzal de viño branco, pagará ademais o foro de nona e medio carreto ao bispo. (fols. 1v-2v)

Foro de Fernan de Çaama.

Sepan quantos esta carta de aforamento viren como eu Juan Garçia, notario do conçello da çibdade d’Ourense, vesiño da dita çibdade que soon presente, outorgo e conosco que aforo a vos Fernan de Çaama que soondes presente e a vosa moller Costança Ares que he absente, moradores que soondes en Pyñor, enno lugar das Quintaas, couto del señor obispo d’Ourense, en vosas vidas danbos e de cada un de vos e por mays tenpo alende do postromeiro de vos de septe vozes, asy que o postromeiro de vos en vosa vida e soude ou a tenpo de voso pasamento nomiedes a primeira voz e esa primeira nomee a segunda e a segunda a terça, e asy vaan nomiadas as dita vozes por orden suçesyve fasta seeren conrpridas e acabadas as ditas sete vozes, e non seendo nomiadas que enton seja voz quen de dereito ou verdade herdar os outros vosos beens, conven a saber que vos aforo o baçelo e monte e viña con seu lameiro que esta en Çaama, que seran por todo dez cabaduras pouqo mais ou menos, segundo que o eu con outras cousas teño en foro del señor (obispo) d’Ourense e segundo todo parte da huna parte con viña de Vasco de Pyñor, fillo de Go(...) Ares, e da outra parte con viña que labra Joan Martines que he de foro do prestamo sin cura da iglesia de San Lourenço de Pyñor, e da outra parte con monte e viña que eu Joan Garçia notario teño en foro do dito señor obispo e (l)a aforey a Joan Beesteiro de Pyñor, (e) da outra parte con a congostra que vay de Pyñor para Ourense, e en çima entesta (...) lameiro e monte do dito Joan Beesteiro, o qual dito monte e baçelo e viña (...) segundo todo esta junto e (mi)sto vos aforo con todas suas entradas e saydas, jures, dereitos e perteesças por onde quer que as aja e de dereito deva aver, a con(...) que labredes e reparedes a dita viña e baçelo que esta feita e ponades e prantedes novamente de viña o monte que esta por poer e o tenades todo en boon (...) e paramento por maneira como non desfalescan por mingoa de lavores e (...) (fol. 1v)
a.    (...) que vos e vosas voses daredes e pagedes de todo elo de foro en cada un anno ao dito señor obispo e aos que por sua señoria colleren o dito seu couto de Pyñor, foro de nona e medio carreto segundo eu soon obligado, e mays daredes e pagaredes a min e a meus herdeiros en pas e en salvo, aja non aja, huun puçal de viño branqo de lagar contando veynte e çinco açunbres e medio de viño en puçal, linpo e puro a vica do lagar, e do al que o ajades libre e quite, pagado o disemo a deus, e he posta condiçon que sy vos ou vosas vozes quiserdes vender, deytar, donar, aforar ou traspasar o sobre dito ou alguna parte delo que primeiramente frontedes con elo a min e a meus herdeiros e noslo dedes porlo justo preçio querendoo, e non lo querendo que enton o posades faser a persona labrador que seja vasalo do dito señor obispo, llano e abonado semellable de vos tal que labre e repare o sobre dito e page ao dito señor obispo o dito foro de nona e medio carreto e a min como dito he e a meus herdeiros o dito puçal de viño blanco de lagar e cunpla as condiçoons desta carta e cada huna delas, e seredes vos e vosas vozes serbentes e obedientes ao dito señor obispo con o dito foro de nona /e medio carreto\ e a min e meus herdeiros con o dito puçal de viño blanco de lagar de cada un anno, e asy non faredes por elo manda nin aniversario, foro nin sobre foro a outra ninguna persona, yglesia nin mosteiro nin santuario salvo a dita mesa obispal avendoo de faser, e o contrario do sobre dito fasendo que descayades deste dito foro e eu e meus herdeiros o posamos tomar e resçeber e faser delo nosas voontades syn enbargo desto en nomme da dita mesa obispal de quen teño o foro, e obligo os beens da dita mesa obispal que a min son e estan obligados para que vos e vosas vozes sejades defesos e anparados a dereito con esto que vos asy aforo e vos seja feito saao e de pas. Et eu o dito Fernan de (...) (fol. 2)
que soon presente, por min e porla dita miña moller moller e vozes asy o (...) e resçebo aforado de vos o dito Juan Garçia notario todo o suso (...) porlas maneiras e condiçoons que ditas son e cada huna delas, e para asy teer, conprir e aguardar e labrar e reparar e pagar o dito foro de nona e medio carreto ao dito señor obispo e a vos o dito Joan Garçia e a vosos herdeiros o dito puçal de viño blanco de lagar e conprir en todo e por todo (...) desta carta e cada huna delas segundo e como dito he, obligo a elo todos meus beens e da dita miña moller e voses mobles e rayses, e qual quer de nos as ditas partes que contra esto for ou pasar e o asy non conprir e aguardar que peyte de penna a parte aguardante mill mrs. vellos, e a dita penna pagada ou non esta carta de aforamento (e ...)* e as cousas em ela contiudas fiquen firmes e vallan durante o dito tenpo e vozes. Que foy feito e outorgado enna çibdade d’Ourense a tres dias do mes de febreiro, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e oytenta e septe annos. Tests. que a elo foron presentes Juan Beesteiro, Pero Forneiro, moradores enna dita aldea das Quintaas, do dito couto de Pyñor, e Joan Dias bulseyro e Martyño de Ramoyn tondidor, moradores enna dita çibdade, e Pero Rodrigues escrivano criado do dito Joan Garçia. (fol. 2v)