GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1156
1464, xaneiro, 26 xoves.

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Díaz e a dúas voces todo o que posúe no castro de Don Grande, freguesía de San Bertolameu de Chamoso, e un terreo edificable na Pobra de Adai, por renda anual de 24 marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 29 r.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 30.

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume en a dita iglesia en o coro dela, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon, entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçesores, aforamos et damos en foro a vos Fernan Dias de Teixeyro, escudeyro, que estades presente por vosa vida et de outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamiento, et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia persona do dito foro quen erdar vosos bees ou a mayor parte delles de dereyto, et asi da segunda persona que por vos for nomeada, o noso casal et erdades et casas et formaes et arbores et prados et pascos et montes que nos avemos en o castro de Don Grande con todas suas dereyturas et entradas et seydas et pertenenças por onde quer que vaan, su o signo da iglesia de San Vertolameu de Chamoso, et aforamosvos mays un formal de casa que ias dentro en a Prova de Adae cabo de outro formal que foi de Tareyia Gomes, aboa que foy de Gomes Alvares de Adae, da huna parte et de Tareyia Ferrnandes, filla que foy de Gonçalvo Yanes de Queyçan, et avedes de labrar, ou faser labrar, as erdades do dito casal et faser et reparar as casas del et sacar as erdades del de monte onde iouberen, et faserdes en o dito formal casa ou orta qual ante quiserdes; et avedes de dar et pagar de foro, en cada un ano, do dito casal et casa et erdades et beens del et da dita casa ou orta, que feserdes en o dito formal de casa, vos et as ditas personas depoys de vos a o que for rendeyro ou colledor dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, cuios son o dito casal et formal, viinte et quatro maravedis de moeda vella de longos, cada ano, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo por dia de San Martino de novembre; et a finamiento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, o dito casal et formal et erdades et casas del fique libre et desenbargado a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçesores, et as casas del feytas et ben reparadas et as erdades del ben labradas et alaboriadas et en boo paramento con todos los boos paramentos que en elles foren feytos; et con condiçon que cada huna das ditas personas, que despoys de vos suçeder en o dito foro, que do dia que en el suçeder por foreyra fasta dias primeyros (sic) logo segentes nos vena notificar et insinuar como he foreyra do dito foro, su pena que se o asi non fezer que por ese meesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Fernando Dias, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por las condiçoes, modos et maneyras susoditas, et obligo a min et a meus beens, mobles et rayses, presentes et futuros, et das ditas personas de atender, conprir et pagar todo ho suso contiudo segundo en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto mandamos et outorgamos delo faser duas cartas de foro, anbas en un tenor, por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Fernando Dias, et vosas personas, et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores, et por mayor firmeza mandamos seellar con noso seelo pendente vosa carta de foro.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo dentro en a dita iglesia en o coro dela, dia joves, viinte et seys dias do mes de janeyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seseenta et quatro anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Heemill, arçediano de Triacastella; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Gomes Vasques, Juan Vidal, Juan Ares, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares, Rodrigo Afonso, Pedro Martines, coengos;

Gonçalvo de Laredo, raçoeyro da dita iglesia de Lugo.