GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1195
1469, novembro, 17 venres. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Arias e a dúas voces os casais do couto de Biville por renda anual de seis moios de centeo e doce marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 55 v.

Sabeam quantos esta carta de foro virem como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntos en cabilldo dentro en o tesouro vello da dita iglesia chamados per son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, et entendo (sic) que esto he noso proveyto et de nosos susçesores, damos aforo et aforamos a vos Ferna Arias des[...] de Roy Branco, que presente estades, et a outras duas personas depus vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de vosa morte, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos bees de dereyto ou a mayor parte deles, et a outra postremeyra persona que seia nomeada por aquela que vos nomeardes, ou herdeyra de seus bees como dito he. Conben a saber que vos aforamos os nosos [luga]res et casares de herdade que iasen en o couto de Bebille, que son de nosa mesa capitular et de nosa amistraçon de [...], con todas suas casas et herdades et formaes et arbores et pascos et prados, a montes et a fontes, con todos seus jures et pertenenças [...]quer que iasen et lles perteneçen segundo que senpre andaron et os tevo en foro Gonçalvo Peres de Bebille, clerigo, et despoys os posieu et tevo vos [...] Costançares, et a nos perteençen, et con huna oytava semente de herdade que o dito Gonçalvo Peres enparesçeu a os ditos lugares, que ias en fodo junta con outra herdade chamada das Donas, a tal pleyto et condiçon que d’aqui a dous anos reparedes et aderençedes [...]dos ditos lugares et casares do que lles ora fas menester, et asy as mantenades dereytas, levantadas, cubertas et ben reparadas, et as herdades labradas et çarradas como non se pergan por mingoa de laborio et boo reparamento; avedes a dar et dedes de foro vos et as duas personas depus vos a nos et a o amistrador de Paradela seys moyos de çenteo linpo de poo et de palla, medido por la media dereyta de Sarrea, postos en a tulla da iglesia de San Miguell do dito lugar de Bebille des dia de Santa Maria d’agosto fasta Santa Maria de setenbro, en pas et en salvo a Deus et a toda vosa ventura, et mays por San Martyno doze maravedis vellos et un par de [capoes] todo esto en cada hun ano, sen outro desconto nen exçepçon alguna; et que cada huna das ditas personas seia tiuda et obligada cada que en o dito foro suçeder fasta trinta dias seguentes de se viir mostrar et notificar a o dito cabildo como he persona do dito foro, su pena de o perder por ese meesmo feyto; et que vos et as ditas personas seiades obedientes da dita iglesia et benefiçiados dela. Et a o finamento da postrimeyra persona que os ditos nosos lugares et casares fiquen libres, quitos et desenbargados a nos et [...] et as casas dereytas et ben reparadas, et as herdades ben alaboriadas et con todos los outros boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Fernando Arias, que presente soo por min et por las ditas duas personas depus min asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabildo, por lo modo et maneyra et condiçoes susoditas et obligo a min et a meus bees et seus delas de o termos et conplirmos et atendermos et pagarmos todo asi sen outra exeçeyçon, alegaçon nen contradiçon alguna.

Et nos, o dito cabilldo, asi vos lo outorgamos de consintimento de Pedro Mendes, canonigo, vigario en a dita amistraçon por Pedro Martines de Vitoria, mestrescola, amistrador da amistraçon, que esta presente, a o qual rogamos et mandamos como notario que faga delo duas cartas de foro en un tenor et [...] de huna et lançe outra en o noso libro signadas de seu signo, et a vosa que seia seelada con o noso seelo.

Que foy feyta et outorgada en o dito lugar, dia vernes, des et sete dias do mes de nobenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et nobe anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Fernando Lopes, vigario, juys et provisor en a dita iglesia; Alvaro Rodrigues de Goyoso, chantre de Santiago et arçediano de Neyra en a dita iglesia; [...], arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues, tesoreyro; Rodrigo Afonso da Rigueyra, Juan Arias de Parga, Fernando Afonso das Camoyras, Simon Alvares, [...] de Fonteyta, Afonso Martines de Galdo, Gomes Arias, canonigos prebendados.

Et eu Pedro Meendes de Foriis, canonigo de Lugo, notario publico por las autoridades apostolical et ordenaria, a todo o susodito en hun con os ditos testigos presente foy, et esta carta de foro segun que por ante mi pasou en este libro do dito cabildo fielmente fis escripvir et aqui puje meu signo et nome acostumado que tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido.