GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1269
1478, marzo, 27 venres. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua ó racioneiro, Fernando Yanes, un terreo edificable na Porta Miñá, freguesía de San Pedro, por renda anual de quince marabedís e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 60 v.

Sabean quantos esta carta de pension viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo, que abajo seran nombrados, seendo juntos en noso cabildo chamados per soon de canpana tangida, segund que avemos de uso et de custume, dentro en a Capela de San Vertolameu, damos a censo et pension de cada un ano et por nome de pension a vos Fernando Yanes de San Jullao, raçoeyro en a iglesia de Lugo, para vos et para vosos herdeyros et suçesores para senpre por jur de herdade, huna nosa praça de casa segun que agora ias derribada en a rua da Porta Minaa, sub o signo da Capela de San Pedro, a qual soya teer voso padre, Gonçalvo Ferrnandes de San Jullao, que he dos aniversarios da dita iglesia de Lugo et nosa por rason deles, et da huna parte ias outra casa que foy de Juan Lopes, mercador, en que agora mora Lopo da Serra, et da otra parte outra casa que he de da lampaa do Conçello, que agora ten Pedro de San Jullao, voso hirmao, et topa en a rua publica que bay para o poço da Porta Minaa, et da parte de bayxo en o camino que vay para a dita Porta Minaa. A qual dita casa vos damos a pension, segundo dito he, con todas suas entradas et saydas, jures et pertenençias et usos que he et deve aver de dereyto et de feyto, a tal pleito et condiçion que d’aqui fasta quatro anos primeyros fagades en a dita praça huna casa sobradada et ha tenades feyta et cuberta, et fagades da dita casa que asi en ela feserdes o que quiserdes et por ben teverdes, salvo que se vos o dito Fernando Yanes, raçoeyro, ou vosos herdeyros et suçesores, ou aquel que suçeder en o dereyto da dita casa ha quiser ou quiserdes bender que requirades primeyramente a o cabilldo, donde a reçebedes, et que lle seia dada se a quiseren comprar por tanto quanto con verdade outro por ella der. A qual dita plaça vos damos et outorgamos, segundo dito he, por quinse maravedis, de des dineiros un moravedi, que os dedes et paguedes en a moeda que se pagaren os aniversarios da dita iglesia a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, en cada un ano, por cada dia de San Martino de nobembro, et çesando de non pagar por tres anos a dita pension vos et vosos suçesores, que suçederen en o dereyto da dita casa, que por ese mesmo feyto pergades et pergan o dereyto que en ela et a ela avedes et ouberen et se torne a nos, o dito cabildo, et a nosos suçesores. Et que seia senpre pensionario da dita casa una persona sola et non mas, et que non posa seer devedida en mas partes que senpre quede en huna persona sola, segundo dito he. Et con tal condiçon vos damos et outorgamos a dita plaça et pension que vos, o dito Fernando Yanes, nen o que suçeder en o dereyto da dita casa que a non posades dar, nen mandar, nen poer por ela pension a iglesia, nen a moesteyro salvo a esta iglesia donde a reçevedes.

Et eu o dito Fernando Yanes, raçoeyro, que presente soo por mi et por meus herdeyros et suçesores asy reçebo a dita plaça de vos, o dito cabildo, por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees, eclisiasticos et seglares, presentes et futuros, et dos ditos meus herdeyros et suçesores, que suçederen en o dereito da dita casa, de teer, conplir et guardr et pagar os ditos quinse maravedis et todo contyudo arriba. Et nos, o dito cabildo, asy vos lo damos et outorgamos. Et porque seia çerto nos as ditas partes outorgamos et mandamos delo faser dous contrabtos fortes et firmes, anvos feytos en un thenor, por lo notario a juso escripto un para vos, o dito Fernando Yanes, et vosos herdeyros et suçesores, que suçederen en o dereyto da dita casa, et a outra para nos, o dito cabildo, et mandamos seellar con noso seello pendente o contrabto de vos, o dito Fernando Yanes.

Que foy feyto et outorgado en a dita Capella de San Vertolameu, vernes, vinte et siete dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et oyto anos.

Foron presentes en o dito cabildo et outorgaron esta pension: don Juan Afonso, chantre; et don Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et don Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et don Diego Ferrnandes de Luases, mestrescola; et don Gomes Arias, thesoreyro; et Diego Vasques, et Pedro Mendes, et Pedro de Mera, et Roy Dias, et Afonso Martiis de Galdo, et Pedro Ferrnanees das Camoyras, et Andres Gonçalves, canonigos et capitolantes. Testigos: Roy Peres, Vaasco Grandio, raçoeyros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en uno con os ditos testigos et capitulantes presente foy, et este publico instrumento de çenso et pension, segundo ante mi pasou et por las ditas partes foy outorgado, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir et por ende fige aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.