GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

975
1421, febreiro, 13. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Fernández, á súa muller e a unha voz unha casa na rúa de Vermudo Sánchez por renda anual de 30 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 136 v.
       

Sabeam quantos esta carta de aforamento virem como nos o dean, persoas, coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o tesouro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon, et por quanto vos Pedro Ferrnandes Oulives, fillo de Juan Ourives que foy, que estades presente, agora logo de presente avedes de faser et poer grande custo et gasto en refaser et reparar a casa en que morades en a rua de Vermun Sanches, por ende con consello et outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo et rendeyro prinçipal dos anyversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos et outorgamos aforo et avervo a vos, o dito Pedro Ferrnandes Oulives, et a vosa muller, Eynes Gonçalves, por vosa vida de anbos et a outra persoa qual o pustrumeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de voso finamento, a casa en que vos os ditos Pedro Ferrnandes et Eynes Gonçalves, vosa muller, ora morades, que he en a dita rua de Bermun Sanches sub signo da Capela de Santiago desta çiudade de Lugo, a qual he dos ditos anyversarios, et a qual esta junta da huna parte con a casa en que ora mora Fernan Peres de Virdaucos, mercador mercador (sic), et da outra parte esta junto con a casa en que ora mora Juan d’Outeyro, que he dos ditos aniversarios, a qual vos aforamos con todas suas entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, segundo perteesçen a os ditos anyversarios, en a qual dita casa vos, os ditos Pedro Ferrnandes et vosa muller, ora morades, et en a qual morou o dito Juan Oulives, padre de vos o dito Pedro Ferrnandes. A a tal pleito et condiçon que vos façades et ergades a dita casa de sobrados et taboados et tella et lousa et madeyra et de todo o que lle feser mester, et ha tenades ben feyta et reparada et en boo paramento et ha reparedes et façades o mays çedo que vos, o dito Pedro Ferrnandes, poderdes; et dedes et pagedes de foro et penson de cada hun ano vos et a dita vosa muller et persoa por la dita casa a o dito Lopo Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for rendeyro prinçipal dos ditos anyversarios, triinta maravedis, de des dineyros novees cada moravedi, por dia de San Martino de novembro en paz et en salvo en esta çiudade de Lugo. Et outrosy con condiçon que a pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro seia teuda et obligada de o viir reçeber do dito cabidoo et mostrar como he persoa del do dia que en el suçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes, et non no fasendo et comprindo asy que perga por elo o dito foro.

Et eu, o dito Pedro Ferrnandes Oulives, que presente estou asy reçevo este dito foro de vos, o dito dean et cabidoo, que me fasedes da dita casa para min et para a dita mina muller et persoa por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et persoa non avemos de vender, deytar, nen supinorar, nen eallar este dito foro a outra persoa algua salvo sendo vos o dito dean et cabidoo requeridos se o queredes tanto por tanto. Et nos, o dito dean, et cabidoo con consintimento do dito Lopo Ferrnandes, coengo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Pedro Ferrnandes, et vosa muller et persoa et a outra que a lançase en o livro do dito cabidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmedoe mandamos seelar a carta de vos, o dito Pedro Ferrnandes, con o sello do dito cabidoo.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo dentro en o tesouro da dita iglesia de Lugo, trese dias do mes de fevreyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Juan Martines, dean de Lugo; don Afonso Lopes, chantre; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Pedro Ferrnandes de Tendilla, thesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Rodrigo Ares, Afonso Teyxeyro; Juan Dias, Fernan Peres, Ares Afonso, coengos; Fernan Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Mestre Juan, porteyro do dito cabidoo, ts.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Fernandes, notario.