GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1336
1480, setembro, 25. Lugo
O cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Yáñez e a dúas voces o que posúe a mesa capitular en Santa María Madalena de Moneixas, Santa María de Donramiro e Santa Baia de Donsión, por renda anual de sesenta marabedís e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 67 r; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 67.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo seran nombrados, seendo juntados en noso cabildo dentro en a dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, ante a porta por donde suben a as bobedas, damos aforo et avervo a vos Gonçalvo Yanes, fillo de Johan, clerigo de botos, et a outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nombrardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento et a outra qual nomear la por vos nomeada, pero que seia fillo ou filla se o teberdes a punto de voso finamento, et non ho teendo que seia persona deste foro quen vosos bees de dereyto herdar, ou a mayor parte delles, et asy da outra persona. Conben a saber que vos aforamos todas las herdades, brabas et mansas, que a nos et a nosa tabla et mesa capitular perteesçen ou perteesçer deben en qualquer maneyra en as fleygrisias et sub os signos de Santa Maria Madalena de Moneias et de Santa Maria de don Ramiro et de Santa Baya de don Sion et en outra qualquer parte que seia en esta comarca. Et o qual foro vos fasemos en persona do dito Johan, clerigo de botos, que o por vos et para vos resçebe, a tal pleito et condiçion que d’oje fasta dous anos primeyros seguentes fagades en o lugar mays conbenible, que vos virdes, huna casa [...] et grande, pallaça en as ditas herdades et ha moredes et tenades asi feyta fasta en fin deste foro, et acabando as personas del que quede feyta et cuberta et portada a o dito cabildo. Et que dedes et paguedes, cada ano, de foro et penson a o dito cabildo et a o mayordomo et colledor das rendas et tabla del sesenta maravedis de moeda vella, de des cornados o moravedi, et que os paguedes, cada ano, vos et as ditas personas en esta çibdade de Lugo por cada dia de San Martino de nobenbre, et se o asi non feserdes et vosas personas et çesardes de pagar por outros çinquenta dias adiante deste plaço, que pergades este foro, se o cabildo vos lo quiser resçeber. Et con condiçion que cada persona que despois de vos, o dito Gonçalvo Yanes, subçeder en este foro por persona que seia tiuda et obligada de se venir mostrar et presentar ante nos, ou ante nosos subçesores, como del he persona fasta trynta dias primeyros seguentes do dia que en el subçeder por persona, so pena de o perder. Et que vos et as ditas personas labredes o façades labrar as ditas herdades et as tenades labradas et aprobeytadas, et as que jasen en monte et en campo que as saquedes, sacandose as outras que jasen açerca delas. Et asi mismo se pleito ou litigio se recrescer sobre las ditas herdades que o siguades a vosas custas et expensas.

Et eu o dito Johan, clerigo de botos, que presente estou asy resçebo de vos, los ditos senores do dito cabildo, este dito foro para o dito Gonçalvo Yanes por los modos et maneyras et condiçoes arriba contiudas, et obligo a min et a meus bees et do dito Gonçalvo Yanes et suas personas de o conplir todo asi et pagar, cada ano, os ditos sesenta maravedis vellos a o tempo et segundo arriba se conten, et conplidas et acabadas las ditas personas que as ditas herdades fiquen labradas, et a casa feyta et cuberta et portada et con todos los outros boos paramentos que en todo foren feytos.

Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos, et porque seia çerto mandamos delo fazer duas cartas de foro anbas en un tenor huna para o dito Gonçalvo Yanes et suas personas et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos seelar la carta do dito Gonçalvo Yanes con o seelo do dito cabildo et se non for con el seelada que non valla.

Que foy feyto et pasou todo o sobredito en a dita iglesia et lugar, a beynte et çinco dias do mes de setenbre, ano do nasçemento nasçemento (sic)  do noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oyteenta anos.

Foron presentes a outorgar este foro: don Johan Afonso, chantre; et don Alvaro Dias, arçidiano de Sarria; et don Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et don Gomes Garçia, juys; et Johan Arias de Parga, Afonso Martines, Gomes Ferrnandes, Andres Gonçales, canonigos et capitulantes. Testigos: Afonso Ferrnades [...].

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he con os ditos testigos et capitulantes presente foy et esta carta de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada en meu registro et protocolo sentey, et seendo ocupado de outros negoçios fielmente por outro ha fis escripvir et por ende fis aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.