GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1350
1483, xullo, 7. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua ó cóengo Pedro Afonso dous terreos edificables próximos á rúa da Cruz, freguesía de Santiago de Lugo, por renda anual de trece marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 27 v.

Saban quantos esta carta viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo sendo juntados en noso cabidoo por son de canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde suben a os orgoos dela, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos subçesores, damos a pension et por nome de pension a vos Pedro Afonso, canonigo da dita yglesia, para vos et para vosos herdeyros et subçesores, as duas praças de casas chamadas de Maria Nunes, que son sytas et locadas en esta çibdade de Lugo açerca da rua da Crus sub o signo da Capela de Santiago, et iasen en par de huna das partes cabo das praças de casas de Afonso Lopes de Lugo, vesino de Viveyro, conven a saber cabo de outra praça que nos demos a pension a o dito Afonso Lopes, en que morou Pedro de Aguiar, et cabo da torre das casas do dito Afonso Lopes, que foron de Ruy Lopes, seu padre, et da outra parte iasen en par cabo da casa de Afonso Lopes Manos, et topan en a rua publica; as quaes praças son as duas terças partes delas dos aniversarios da dita yglesia et a outra terça parte dos capelaes sen raçon. As quaes ditas praças vos damos a pension, segundo dito he, por jur de herdade para senpre con todos seus dereytos et jures et pertenenças et usos que han et deven aver asi de dereyto como de feyto et con seus saydos et entradas et orto de maneyra que vos et vosos herdeyros et subçesores, que desçenderen de vos, posades aver et teer et aiades et tenades as ditas praças et façades en elas casa ou casas et as tenades et aides et façades delas et en elas o que quiserdes ben asi como de vosa cousa propia, salvo que as non posades dar nen vender a iglesia, nen a moesteyro, nen a outro lugar religioso, salvo a a dita yglesia de Lugo. Et se as quiserdes bender vos ou vosos subçesores, que subçederen en o dereyto delas, a outra persona ou personas que o façades ou façan saber a nos, o dito cabidoo, ou a nosos subçesores, donde as avedes et resçebedes, primeyramente, et se o dito cabildo quiser dar tanto por elas como outro que seiades et seian tyudos dellas dar. As quaes ditas praças et casas que en elas foren feytas de pension, en cada hun ano, por elas trese maravedis de longos por dia de Sant Martino de novembre, postos en pas et en salvo en esta çibdde de Lugo a nosos reyndeyro et colledor dos ditos aniversarios os dous terços, et ho outro terço a os ditos capelaes sen raçon, et çesando de pagar a dita pension por tres anos ou os ditos vosos subçesores et herdeyros, que subçederen en o dereyto das ditas praças et casas que en elas foren feytas, que por ese meesmo feyto pergades et pergan as ditas praças et casa que en elas foren feytas a nos, o dito cabidoo, et a nosos subçesores con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Pedro Afonso, que presente soo asy reçebo as ditas praças de vos, o dito cabidoo, a pension, segundo dito he, por los modos, maneyras et condiçoos sobreditas, et obligo a min et a meus bees et dos ditos meus herdeyros et subçesores, que subçederen en o dito dereyto das ditas plaças et casas que en elas foren feytas, de conplir, teer et gardar todo o sobredito, segundo en esta carta se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas por lo notario juso escripto, anbas en hun tenor, huna para vos, o dito Pedro Afonso, et vosos herdeyros et subçesores, et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmesa mandamos seellar con noso seello pendente a carta de vos, o dito Pedro Afonso, et a nosa que se deyte et pona en o noso libro dos foros et pensoos sygnada do dito notario.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdade de Lugo en a dita yglesia et lugar, dia quarta feyra, vynte et hun dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoeenta et çinquo anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Juan Ares da Tulla; Juan Vidal, Lopo Garçia, Diego Vasques, Fernando Afonso, Pedro Meendes, canonigo; et Juan de [...], raçioneyros da dita yglesia.