GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

947
1417, setembro, 3. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Fernández, á súa muller e a unha voz o lugar de Suilán na freguesía de Santiago de Meilán, por renda anual de 25 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 127 v.- 128 r.
       

Sabeam quantos esta carta virem como nos o deam, persoas, coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo noso consello et deliberaçon et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos suçesores, et de consintimento et outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, et rendeyro prinçipal dos anyversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Pedro Ferrnandes de San Lourenço, demandador, vesino et morador en a çiudade de Lugo, et a vosa muller, Maria Ferrnandes, et a outra persoa qual o pustrumeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de seu finamento, o noso casal et lugar de Suylan, que he dos ditos anyversarios, o qual tevo en foro Pedro Lopes Rengel et sua muller Eynes Ferrnandes, o qual a dita Eynes Ferrnandes demeteu en vos, o dito Pedro Ferrnandes; o qual dito lugar et casal vos aforamos con todas suas herdades et casas et arvores et formaes et montes et prados et pascos et entradas et seydas et jures et dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, onde quer que vaa sub signo de Santiago de Meylae, et su outros quaesquer signos que vaa que perteescan a o dito noso lugar de Soylan, a a tal pleito et condiçon que vos labredes ou façades labrar et parar ben as herdades do dito lugar, et as tenades labradas et çarradas et en boo paramento, et façades as casas do dito lugar que estan por faser d’aqui ata tres anos primeyros conpridos, et as tenades feytas et cubertas et en boo paramento; et dedes et paguedes de foro et penson en cada hun ano, a o moordomo et rendeyro dos ditos aniversarios, viinte et çinquo maravedis de moneda vella et de longos, de dez dineiros novees cada moravedi, et os paguedes cada ano en salvo en Lugo por dia de San Martino de novembro. Et outrosy que a terçeyra persoa que suçeder en o dito foro seia teuda et obligada de o viir reçeber do dito cabidoo et mostrar como he persoa et foreyro del do dita que en el quedar et suçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes, et non no façendo asy que perga o dito foro. Et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que o dito lugar et as herdades del fiquen lavradas et ben reparadas et as ditas casas feytas et cubertas et en boo paramento a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuias son, et con todos los paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Pedro Ferrnandes, que presente estou por / myn et por la dita myna muller et persoa que suçeder en o dito foro asy reçebo o dito foro de vos, o dito dean, et cabidoo por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo min et a meus bees et da dita mina muller et persoa de o comprirmos et pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito dean, et cabidoo asy vos lo outorgamos.

Et demays eu, o dito Pedro Ferrnandes, por este dito foro et ben et merçede que reçebo de vos, o dito dean, et cabidoo, et por outros bees et merçedes que ia de vos ey reçebidos da myna libre et propia voontade et sen outro costrengenemtno nen endusemento algun, et por devoçon que ey en a Virgee Maria, outorgo et prometo et mando que finandome eu en a çiudade de Lugo que meu corpo et mynas carnes seian enterradas en a dita iglesia de Santa Maria de Lugo en a caustra dela, et se por ventura eu mudar mina entençon et mandar sepultar en outra parte que por ese meesmo feyto perga o dito foro, et o dito cabidoo posa fel faser sua voontade.

Et porque todo esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas en hun tenor para vos, o dito Pedro Ferrnandes, et vosa muller et persoas et a outra que a lançase en o livro do dito cabidoo et as signase de seu signal, et por mayor firmedoe mandamos seelar a carta de vos, o dito Pedro Ferrnandes, con o sello do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado esto que sobredito he en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, tres dias do mes de setenbre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que dito he: don Juan Martines, dean de Lugo; don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; Lopo Dias, mestrescola; Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Rodrigo Ares, Juan Lopes, Afonso Ares, Nuno Gomes, Afonso Martines, coengos; Pedro Ferrnandes, Afonso Rodrigues, Fernando Rodrigues, Fernando Ferrnandes, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.