GMH/ÍNDICE A-Z

94
1434, xaneiro, 25

Juan mareante, morador en Combarro, declara que debe a Costança Afonso 155 mrs. dun pano tinto que lle comprou. Promete pagalos antes do día primeiro de maio.

(f. 44)

XXV dias do dito mes. Sabean todos que eu Juan de (...) mareante, morador en Conbarro, que soo presente, conosco et outorgo que devo et ey de dar et pagar a vos Costança Afonso çento et çinquoent et çinco mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes me enprestastes etc.; et eu de vos resçeby en çerto pãno tinto que de vos conprey et de que me outorgo etc.; et renunçio etc.; et os quaes ditos çento et çinquoenta et çinco mrs. da dita moeda vos prometo etc., de pagar etc.; doje ata o primeiro dia de mayo primeiro que ven etc.; por mĩ etc.; pena o doblo etc. Testemoyas: Lourenço Yanes, notario, Fernando de Santo Anton, mareante, et outros.

Feita.