GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

123
1312, agosto, 26
Tareixa Rodríguez véndelle a Fernando Eanes a metade da súa herdade en Vilachá e Pumares, freguesía de San Mamede de Ribas de Miño, por 50 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/19, orix. perg., galego, gótica cursiva, 200x97 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Tereyia Rodrigues, filla que foy de Rodrigo Rodrigues de Vila Chaa de Pallares et de Orraca Garçia, presente et outorgante meu hirmao, Fernan Rodrigues, de boo curaçon et de boa voontade vendo, a vos Fernan Yanes de Vuille, a meatade de todo quanto herdamento et vos o dito Rodrigo Rodrigues et Orraca Garçia avian et devian por aver en Vila Chaa et en Pumares, su signo de Sant Mamede de Riba de Minno, con suas pertenenças et dereyturas a monte et a fonte peru quer que vaan. Et reçebo de vos por esta vençon en preço çinquaenta moravedis a XI dineiros minos terça dum por cada moravedi, destes dineiros novees que el rey don Fernando mandou faser, de que me outorgo por entrega et ben pagada; des oie mays avedea senpre en pas vos et vossa vos pus vos, todo meu poderio et sennorio ende seia removiudo. Et obrigo min et meus bees de vos faser esta vençon senpre de paz.

Feyta a carta da vençon XXVI dias de agosto, era de mill et tresentos et çinquaenta annos.

Testemoyas: Affonso Perez, notario de Lugo; Iohan Peres de Fernan Alvares; Fernan Lopes, clerigo de Sant Iuste; Domingo Iohannes, clerigo de Saa, ts.

Eu Pedro Yanes, notario publico dado pelo bispo de Lugo a o conçello desse mysmo lugar, a esto rogado presente fuy et esta carta scrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.(+).