GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

794
1379, marzo, 22. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Rodrigo Rodríguez e á súa muller e a unha voz unha casa na rúa Nova por renda anual de 10 marabedís en Nadal.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 99r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo por campaa tanjuda enno coro da dita iglesia, segundo que o avemos de usso et de custume, outorgamos que damos afforo et avervo a vos Rodrigo Rodriguez de Fonpedrina et a Thereyia Ferrnandes, vossa muller, et a huna pessoa qual o postrimeyro de vos nomear en sua vida ou a o tempo do seu finamento, a cassa que esta en rua Nova en que ora mora Affonso das Ovellas, carniçeyro, que he dos anyverssarios da dita iglesia, con seu orto et poço et jures que lles perteesçe sub a cappella de San Pedro de Lugo; a qual cassa esta entre la cassa dos ditos aniverssarios, que ora ten afforada Diego Domingues, homme de Rodrigo Eanes de Burela, da huna parte, et a cassa de Affonso de Mazoe, da outra parte; por tal condiçon que façades a dita cassa et a reparedes d’aquelo que esta por faser et reparar et a mantenades en boo estado; et que dedes por foro dela en cada hun anno a os ditos aniversarios, ou a seu procurador, dez moravedis, d’oyto soldos cada moravedi, desta moneda usual en \paz/ et en salvo en Lugo por dia de Natal; et a morte da dita pustrimeyra pesoa de vos que a dita cassa et orto et poço et jures della fique livre et quito a os ditos aniverssarios con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Rodrigo Rodrigues, por min et por la dita minna muller et por la dita pessoa asy reçebo o dito foro et vervo de vos, lo dito dayan et cabidoo, et obligo por todos meus bees et seus delles de o comprir et gardar et pagar en todo enna maneyra que sobredita he. Et nos lo dito dayan et cabidoo assi vos lo outorgamos.

Et porque esto he çerto nos las ditas partes rogamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tennor, signadas con seu signal, a huna dellas enno livro de nos lo dito dayan et cabidoo, et a outra para vos o dito Rodrigo Rodrigues.

Feyto foy esto en Lugo, viinte et dous dias de março, era de mill et quatroçentos et dez et sete annos.

Testemoyas: don Johan Affonso, dayan de Lugo; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Pedro Aras, arçidiago de Neyra; don Pedro Aras, arçidiago de Triacastela; don Diego Gomez, thesoreyro; Thomas Gomez, Fernando Peres, Aras Peres, Aras Ferrnandes, Affonso Ferrnandes, coengos; Afonso Eanes, Johan Garçia, Jacome Ferrnandes, raçoeyros; et Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo; et Pero Dominguez da rua Nova, et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo por lo sennor obispo desse lugar, a esto todo que sobredito he pressente foy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.