GMH/ÍNDICE A-Z

403
1376, decembro, 23
foro

O cabido afóralle a perpetuidade a Aparicio Iáñez, racioneiro, un terreo que foi viña no Vao, da renda da Seara, por 2 mrs.

ACOu, Escrituras XIII, 39

Sabean quantos esta carta viren commo eu don Garçia Rodrigues dean da igleia d’Ourense e o cabidoo desse lugar seendo juntado enna caustra nova de San Martiño por canpaa tanjuda segundo huso e costume de nos juntarmos et con outorgamento de Gonçalvo Peres raçoeiro da igleia d’Ourense, teendor da renda da seara de viña que foy de Fernan Abril que he de nos o dito cabidoo, o qual Gonçalvo Peres está presente e outorgante, damos e outorgamos a foro a vos Apariço Anes raçoeiro da dita igleia d’Ourense et a toda vossa vos para senpre, huun terreo que foy viña que he da dita nossa seara, a qual seara e terreo a ela perteeçente jaz en termio desta çidade d’Ourense ao Vao, a qual demarca con terreo que vos o dito Apariço Anes teendes aforado do dito Gonçalvo Peres e con outra viña que vos teendes que perteençe aas albergarias e con a dita seara. Aforamos vos o dito terreo con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteeças por tal condiçon que o lavredes e paredes ben commo non defallesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes de foro de cada huun anno vos e vosa vos ao dito cabidoo e ao dito Gonçalvo Peres en seu nome ou ao que por nos tever a renda da dita seara en pas e en salvo en esta dita çidade d’Ourense por dia de San Martiño do mes de novenbro, non enbargante grando nen geada nen outro caso fortuyto alguun, dous moravedis de diñeiros brancos desta moeda de nosso señor el rey que oora corre contando a oyto soldos por cada moravedi ou a estimaçon delles na moeda que correr e o seu disimo a deus e livre e quite de todo outro enbargo e çenso e trebuto, et he posto que vos nen vosa vos non posades faser manda por o dito terreo nen poñer por el aniversario nen çenso nen trebuto a lugar pyadoso nen a outra pesoa salvo a nos o dito cabidoo, et se pleito ou contenda recreçer entre nos o dito cabidoo ou o teendor por nos da renda da dita seara et vos o dito Apariço Anes e vossa vos en rason do dito terreo que vos aforamos commo dito he que seian tomados e escolleytos de praser das ditas partes dous omes boons do dito cabidoo que o livren por sentença, toda outra appellaçon remota. Et se quiserdes vender, deytar ou subpenorar o dito terreo que o dito cabidoo ou o teendor da renda da dita seara seia primeiramente frontado e nos lla dedes por o justo preço que outre por elo der, et non no querendo por ese preço reçeber que enton o vendades, deytedes ou subpenoredes a atal pesoa que seia semellavyl de vos de que nos o dito cabidoo e o teendor da renda da dita seara en noso nome aia o dito foro en cadauun anno por o dito dia ben e conpridamente e cunpra e agarde as condiçoens que en esta carta son contiudas e cadauna dellas, et obligamos os beens da messa de nos o dito cabidoo para vos o dito Apariço Anes e toda vossa vos seerdes defesos e anparados a dereito con o dito terreo que vos aforamos commo sobre dito he. Et eu o dito Apariço Anes por min e por toda miña vos assy reçebo de vos o dito cabidoo o dito terreo afforado porla maneira e condiçoens sobre ditas, et para o lavrar e parar ben e para pagar o dito foro en cada huun anno a vos o dito cabidoo ou ao teendor da renda da dita seara en voso nome ao dito dia et conprir e agardar todas as condiçoens e cadauna dellas que en esta carta son contiudas obligo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et desto nos as ditas partes mandamos, pedimos e rogamos a Garçia Dias coengo e chançeller desta dita igleia e çidade d’Ourense que fesese ende duas cartas feitas en huun tenor. Feyta a carta en Ourense, viinte e tres dias de desenbro, era de mill e quatroçentos e qatorse annos. Testemuyas que presentes foron Vasco Peres Corvacho mestrescola, Affonso Fernandes, Martin Peres, Gonçalvo Martines, Gonçalvo Anes thesoureiro coengos da igleia d’Ourense, Gonçalvo Martines porteiro do dito cabidoo.

Et eu Garçia Diaz coengo e chançeller da igleia d’Ourense que a esto presente foy e en miña presença o fis scripvir e meu nome et signal aqui fiz en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)