GMH/ÍNDICE A-Z

170

 1421, xaneiro, 1347 
Gonzalo Pérez de Valdemar e Fernan Vieites, declaran ter recibido o importe do seu salario do ano 1420.

Trese dias do mes de janeiro. Gonçalvo Peres de Valdemar e Fernan Bieites, confesaron que reçeberan de Juan Raposo, procurador do conçello os morabedis de seus selarios do anno que el foy feito procurador, e renunçiaron a toda eixençon que non disessen delo o contrario. Testemoyas: Gonçalvo Eanes do Escurelo, mercador, e Garçia Peres Cochorro e Pero Afonso, criado de Ruy Martines, notario.


47 Esta notificación, que é anterior á data do traslado da carta incluída antes, está escrita aproveitando un pequeno espacio do folio, á final, e con letra máis pequena.