GMH/ÍNDICE A-Z

48

1417, agosto, 6.
Juan Fernández de Cana, coengo de Santiago e recadador do arcebispo, declara ter recibido do Concello os 10.000 maravedís que debía pagar este ano.

Seis dias do mes de agosto. Sabean quantos esta carta viren como eu Juan Fernandes de Cañas, coengo de Santiago et recabdador de meu señor o arçobispo de Santiago don Lopo, connosco et outorgo que reçeby de vos Bernald Yanes do Canpo, procurador do conçello da çidade de Santiago des mill maravedis, contando branqua a tres dineiros, os quaes me pagastes en nome do dito conçello para en conta et en pago dos viiente mill moravedis da dita moeda con que o conçello da dita çidade serveu a o dito señor arçobispo este anno da feita desta carta et os quaes moravedis me pagastes et eu reçeby de vos en nome do dito señor arçobispo et como seu recabdador et dos quaes moravedis me outorgo por entrego et ben pagado a a mĩa voontade sen mingoa algũa et renunçio a ley do aver non dado nen contado nen reçebido nen pagado en presença do notario et testemoyas et a toda outra eiçepçon que nunca de lo diga o contrario et por ende por vigor do poder que para esto ey do dito señor arçobispo, dou por libre et quito a o dito conçello et vesiños et moradores la dita çidade et a vos o dito Bernald Yanes seu procurador dos ditos des mill moravedis por quanto mos pagastes et os eu receby de vos segundo dito he. Et eu o dito Bernald Yanes, que presente soo asi o reçebo. Feita a carta enna çidade de Santiago, anno, dia et mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes Ruy Fernandes de Veix, cardeal enna iglesia de Santiago et Pero Fernandes de Trivaldes coengo enna dita iglesia et Pero Afonso, notario da dita cidade et Afonso Peres scripvan.