GMH/ÍNDICE A-Z

26

s/d

Martín Sánchez, abade da Trindade, provisor do bispo don Diego, afora a perpetuidade a Xoán Martínez e á súa muller María Fernández, moradores no Xestal, o lugar de Quintán, na freguesía de San Miguel de Taboadela, por quinta do pan, trigo, orxo, millo e centeo, así como 10 mrs. de dereitura no caso de edificar casa. (fols. 7v-8)

Carta de Joan Fernandes, feita e dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Martin Sanches, abade da igleia da Triindade e provisor de meu señor don Diego obispo d’Ourense, dou et outorgo a foro a vos Joan Martines que sondes presente et a vosa moller Maria Fernandes que non he presente, moradores enno lugar do Giestal, et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo o lugar de Quintaan, que he do dito señor obispo, que jaz enna freigesía de San Migeel de Taboadella e perteesçe ao çeleiro d’Allaris, que he ( fol. 7v)
do dito señor obispo. Aforo vos o dito lugar con todas suas erdades e pardeiras e arvores e soutos e cortiñas \perteesçentes ao dito lugar/ et entradas etç. por tal condiçon que labredes et paredes ben as herdades do dito lugar en tal maneira como non desfalescan por mingoa de lavor et de boon paramento e façades foro de quinta de todo o pan e triigo e orjo e millo e çenteo que deus dere ennas herdades do dito lugar a qual no ao que tever arrendado o dito çeleiro d’Allaris do dito señor obispo, a qual novidade colleredes por ollo do que tever a dita renda ao qual proveeredes de comer et de beber etç. et se feserdes casa enno dito lugar que pagendes des mrs. de dereytura e non na fasendo que façades o dito foro de quinta e do al de disemo a deus, e non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobreforo nen porredes penson nehuna porlo dito lugar, salvo a meesa do dito señor obispo, et obrigo os beens da mesa do dito señor obispo para vos faser saao e de paz o dito lugar e para vos defender a dereito. E eu, o dito Joan Martines, obrigo meus beens de lavrar e parar ben et faser o dito foro de quinta e se feser casa de pagar os ditos dez .- etç. Penna tresentos mrs. etç. Tests. Alvaro Fernandes carniçeiro et Joan Nunes et Joan Branco. ( fol. 8)