GMH/ÍNDICE A-Z

D20
1459, marzo, 2
Xoán Vello, carpinteiro, outorga recibo a Luís García por 420 mrs. que recibe en pago adiantado de sete anos do foro da viña. (fol. 6v)

Carta de pago de Loys Garçia.

A dous dias do mes de março en Ourense o dito Joan Vello carpenteiro, por sy et en nomme da dita Eynes Peres, se outorgou por pago do dito Loys Garçia dos ditos seseenta mrs. vellos por estes sete annos primeiros sigentes, de cada anno os ditos seseenta mrs. que son ennos ditos sete annos quatroçentos et viinte mrs. vellos, para en pago do dito foro da dita viña. Tests. Fernando Vasques et Ares Neto, Jacome Vasques capelan de Santa Oufemea.