GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1097
1454, febreiro, 17 luns. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó arcediago de Dozón e a tres voces unha horta na Regoa, que traía Elvira Ares, por renda anual de 19 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 5 r.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o dean personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo por campana tangida, segundo que o avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde suben a os orgoos, veendo et entendendo que he probeyto da dita iglesia et benefiçiados dela aforamos et damos aforo et avervo a vos Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon en a dita iglesia, noso companeyro, et a outras tres personas despois de vos huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento et non seendo nomeada seia quen herdar vosos beens de dereyto ou a mayor parte deles, et as outras personas que seia por semellante guisa de huna en outra subçesive, et cada huna das ditas personas como subçeder en este dito foro despois de vos que seian obligadas de presentar o dito foro ante o dito cabildo do dia que en el subçeder fasta treynta dias primeyros seguentes. Conben a saber que vos aforamos, como dito he, a nosa orta que esta en a Regoa a qual soya teer de nos en foro Elvira Ares, muller que foy de Fernando de Taboe, çapateyro, vesino desta çibdade, que Deus aia, que vacou por ela, que ha por lindeyros et terminos de huna parte contra çima huna orta que ten Afonso de Laredo, raçoeyro desta iglesia, et outra de Pedro do Ouro, et da parte de bayxo huna corredoyra et camino publico, et de un costado a cortina do Obispo que ben topar açerca da porta do postigo, a qual dita orta he dos aniversarios da dita iglesia, a tal pleito et condiçion que vos et as ditas personas en pus de vos dedes et paguedes de foro et pension por la dita orta, en cada un ano, por dia de San Martino de novembre a o noso rendeyro et colledor dos aniversarios da dita iglesia dez et nobe maravedis de longos, et que labredes et reparedes ben a dita orta de guisa que se non perga por mingoa de laborio.

Et eu o dito Gomes Garçia, arçediano de Deçon sobredito, que presente estou asi resçebo o dito foro por min et por las ditas personas et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de pagar os ditos dez et nove maravedis de longos en cada un ano a a dita iglesia, et de labrar et reparar ben a dita orta, et a o finamiento da postremeyra persona que a dita orta fique libre et desenbargada a a dita iglesia con todos los boos paramientos que en ela esteveren feytos.

Et nos, o dito dean, personas canonigos et benefiçiados da dita iglesia asi vos lo damos et outorgamos o dito foro da dita orta. Et eu, o dito arçediano, por min et por las ditas personas asi o resçebo de vos, o dito cabildo da dita iglesia de Lugo.

En testemoyo do qual nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que faga delo duas cartas de foro anbas en un thenor signadas de seu signo et sente ha huna en os libros dos foros do dito cabildo et de a outra a vos, o dito arçediano, para vos et vosas voses seelada con o seelo do dito cabildo.

Que foy feyto et outorgado en a dita iglesia de Lugo como dito he, lues, des et sete dias do mes de febreyro, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et quatro anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: don Johan Garçia de Melgosa, dean; et don Alfonso Martines, chantre; et don Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; et don Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Lopo Garçia, canonigos et personas da dita iglesia; et Roy Lopes de Teyxeyro, rendeyro dos ditos aniversarios.
Et eu Diego Ferrnandes de Luazes, canonigo en a iglesia de Lugo et notario publico

por la actoridade apostolical, a todo o sobredito una con os testigos presente foy, et este instromento de foro por outro fielmente fige escripvir eu ocupado de outros negoçios et aqui puge meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade.

Rogado et requerido.