GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1106
1456, xuño, 14. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua ó clérigo do coro Roi López un terreo edificable na rúa de Bermudo Sánchez, freguesía de Santiago, por renda anual de catro marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 15 r.
   

Saban quantos esta carta viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçessores, avido primeyramente noso acordo et deliberaçon damos a pension et por nome de pension a vos Roy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro da dita iglesia de Lugo, que presente estades resçebente por vos et por vosos herdeyros et suçessores, huna praça de casa que he dos aniversarios da dita iglesia de Lugo que ias en esta çiudade de Lugo en a rua de Vermun Sanches, sub o signo da Capela de Santiago, et ias en par da huna parte cabo de outra praça de Rodrigo Ares, seleyro, et da outra parte ias en par cabo de outra praça que foy de Aldara Ferrnandes de Borreyques que vos, o dito Roy Lopes, lle mercastes, et de huna parte topa en a rua publica, et da outra topa en a orta do senor Obispo, a qual dita praça de casa vos damos a pension, segundo dito he, por iur de erdade para senpre con todos seus dereytos, jures et pertinenças et saydos et entradas et usos que ha de aver de dereyto et de feyto, segundo et en a maneyra que ela perteesçe a os ditos aniversarios et a nos por rason deles, de maneyra que vos et vosos erdeyros et suçessores, que desçenderen de vos que suçederen en o dereyto da dita praça et casa que en ella for feyta, possades aver et teer a dita praça et casa que en ella for feyta et faser dela et en ella o que quiserdes ben asi como de vosa cousa propia, salvo que a non possades dar nen bender a iglesia, nen a moesteyro, nen a outro lugar religioso salvo a a dita iglesia de Lugo, et se a quiserdes vender vos, ou vosos suçessores que suçederen en o dereyto della, a outra persona ou personas que o façades et façan saber a nos, o dito cabidoo, ou a nosos suçessores primeyramente donde a avedes et resçebedes, et se o dito cabidoo quiser dar tanto por ella como outro que seiades et seia tiudos de la dar. Et a qual dita praça vos damos et outorgamos a pension, segundo dito he, a tal pleito et condiçon que façades en ella casa; et dedes vos et os ditos vosos suçessores de pension por ella, en cada hun ano, a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios quatro maravedis de longos en a moeda que se pagaren as outras rendas dos ditos aniversarios postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo por dia de San Martino de nobenbre, et çesando de pagar a dita pension por tres anos vos, ou os ditos vosos suçesores et erdeyros que suçederen en o dereyto da dita praça et casa que en ella for feyta, que por ese mesmo feyto pergades a dita praça et casa que en ella for feyta.

Et eu, o dito Roy Lopes, que presente estou asi resçebo a dita pension de vos, o dito cabidoo, para min et para os ditos meus suçessores et herdeyros por los modos maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens moveles et rayses presentes et futuros et dos ditos meus suçessores, que suçederen en o dereyto da dita praça et casa que en ella for feyta, et en speçial a dita praça et casa que en ella for feyta et outra praça que merquey a a dita Aldara Ferrnandes et casa que en ella for feyta, de teer conplir et guardar et pagar todo o suso contiudo segundo et en a maneyra que en esta carta se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos la damos et outorgamos et resçebemos de vos a dita obligaçon, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas por lo notario iuso escripto anbas en hun thenor huna para vos, o dito Roy Lopes, et vosos erdeyros et suçessores et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos o dito Roy Lopes.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo, dia vernes, quatorse dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et seis anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Juan Vidal, Diego Vasques, Juan Ares de Parrega; Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pero Martines, canonigos da dita iglesia.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de pension per outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido. Non enpeesca onde vay escripto entre rengloes que dis dita que non foy viçio mays foy error do escrivan.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.