GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1403
1498, novembro, 7 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso de Mera e a dúas voces a metade do caneiro de Goemir na freguesía de San Miguel de Orbazai, por renda anual de doce marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1334 nº 12, perg. orix., galego, cortesá, 255 x 260 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos el dean, personas et benefiçiados da iglesia de Lugo, de que ayuso se fara mençion, seendo juntos en noso cabildo por son de canpaa tangida, segund que avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia a par da porta por donde soben a as bobedas, avido primeramente sobre lo que adelante sera declarado consello et matura deliberaçon, et de consentimiento et outorgamiento de Pedro Rodriguez, clerigo del coro da dita iglesia, rendeyro et colledor dos aniversarios da dita iglesia, que estava presente, et veendo et entendendo que he noso probeyto et da dita iglesia et de nosos subçesores et dos ditos aniversarios, damos aforo et avervo a vos Afonso de Mera, fillo de Alvaro de Mera, defunto que Santa gloria aya, et a otras duas personas depoys de vos, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela que por vos for nomeada en vida ou a o tenpo de voso finamento, a meatade do caneyro chamado de Goemir, que he dos ditos aniversarios, o qual esta en a agoa do Mino entre Taboelle et Recesende, et jaz sub signo de San Migueel de Orvaçay, a qual dita meetade do dito caneiro vos aforamos con suas entradas et saydas, pertenenças et dereituras, segund a el pertenesçen, a tal pleito et condiçion que vos façades et reparedes o dito caneyro et ho tenades feyto et ben reparado. Et dedes del en foro doze maravedis vellos, que cada dez cornados fazen un maravedi, da moeda que se correr, en cada un ano, a o dito rendeyro dos aniversarios que agora es et por tenpo foren, pagos cada ano, segund dito he, por dia de San Martino de novenbro. Et a finamiento da postrimeyra persona, que suçeder en o dito foro, que a dita metade do dito caneyro fique libre, quita et desenbargada a os ditos aniversarios, cuia he, con todos los boos paramentos que en el foren feytos. Et con condiçion que a segunda et terçeyra personas, que despois subçederen en o dito foro, do dia que en el subçederen fasta triinta dias logo seguentes seian tiudas de se presentar ante nos, o dito cabildo, a mostrar como son foreiras et subçeden en o dito foro, su pena de o perder et todo el dereito que a el toveren se o asi non quiseren fazer.

Et eu, o dito Afonso de Mera, que presente estou, por min et por las ditas personas personas (sic)  asi reçevo o dito foro de vos, los susoditos, que asi mo façedes da dita metade do dito caneyro, et me obligo a min et a meus beens et das ditas personas de conprirmos, pagarmos et atendermos, segund et en a manera que dita he. Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos et nos obligamos de vos lo fazer saoo a todo tenpo durante este dito foro. Et porque sea firme nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario de juso escripto que faga duas cartas de foro, anbas en un tenor, et as signase de seu signo huna para nos, o dito cabildo, et a outra para vos, o dito Afonso de Mera, et personas, et por mayor firmeça mandamos seelar esta carta de vos, o dito Afonso de Mera, con o seelo do dito cabildo.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo dentro en a dita iglesia dia miercoles, septe dias do mes de nobenbre, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et noventa et oyto anos.

Que foron presentes et outorgaron este dito foro: don Gonçalvo Gomez de Montenegro, dean; et Alvaro Diaz de Lama, chantre; et el bachiller, Pedro Ferrnandez de las Camoyras, arçediano de Sarrea; et Diego Gomes de Fonteita, arçediano de Triacastela; et Afonso Martines de Galdo, juez; et Juan Ares de Parga, et Gomez Fernandez, et el bachiller, Pedro Ferrnandez de Villafranca, et Vasco Rodrigues, et Ares de Neyra, et Vernal Rodrigues, todos benefiçiados et capitulantes de la dicha iglesia; et Fernand Yanes, et Afonso Fernandez, et Vasco Grandiso, et Pedro de San Jullaoo, raçioneros en la dicha iglesia. Testigos que foron presentes: Juan Texero, et Juan de San Martino, clerigos de aniversario della, et Lopo Dorado, notario, et otros. El provisor consentio.

Et eu Garçia das Camoyras, canonigo en la dicha iglesia de Lugo et notaryo por la abctoridad apostolica, a todo lo que dicho es en uno con los dichos testigos presente foy et esta carta de foro, segund que por ante my pasou et por los dichos senores fue otorgada, ben et fielmente por myna mao escrevy et por rogo dos sobreditos aqui puge estos mis nome et signo acustumado en testimonio de verdade que tal he rogado et requerido.

Materias

administración; aniversario; arcediago; augas; bacharel; beneficiado; bóveda; campá; canon foral; catedral; chantre; cóengo; construción; coro; coroado; crego; deán; dignidades; familia; festa; fillo; licenza; marabedí; mesa capitular; notario; notario apostólico; pai; pesqueira; porta; provisor; racioneiro; rendeiro; río; selo; xuíz; cabido

Persoas

Afonso de Mera; Afonso Fernández, racioneiro de Lugo; Afonso Martínez de Galdo, xuíz de Lugo; Álvaro de Mera; Álvaro Díaz de Lama, chantre de Lugo; Ares de Neira, cóengo de Lugo; Bernal Rodríguez, cóengo de Lugo; Diego Gómez de Fonteita, arcediago de Triacastela; Fernando Eáns, racioneiro de Lugo; García López das Camoiras, cóengo de Lugo; Gómez Fernández de Rois, cóengo de Lugo; Gonzalo Gómez de Montenegro, deán de Lugo; Lopo Dourado, notario; Martiño de Ocón, cóengo e provisor de Lugo; Pedro de San Xiao, racioneiro de Lugo; Pedro Fernández das Camoiras, arcediago de Sarria; Pedro Fernández de Vilafranca, cóengo de Lugo; Vasco Grandío, racioneiro de Lugo; Vasco Rodríguez de Gaioso, cóengo de Lugo; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo; Xoán de San Martiño, crego do coro de Lugo; Xoán Teixeiro, crego do coro de Lugo; Pedro Rodríguez, crego do coro de Lugo

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido

Lugares

Camoiras, As; Fontaneira, A; Galdo, Santa María; Goemir; Lama; Mera; Miño, río; Montenegro, antiga xurisdición; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Orbazai, San Miguel; Parga, antiga xurisdición; San Xillao; Sant Martino; Sarria; Taboelle; Triacastela; Vilafranca do Bierzo