GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

996
1424, xaneiro, 18. Lugo

O Cabido de Lugo, atendendo a solicitude de Fernando Pérez, afóralle as dúas terceiras partes dunha cortiña na rúa da Tanaría por seis marabedís anuais.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 157 v.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et quatro anos, des et oyto dias do mes de janeyro. En a çibdad de Lugo dentro en o coro da iglesia cathedral da dita iglesia de Lugo seendo y o chantre et persoas et benefiçiados dito cabidoo (sic), que de iuso seran nomeados, et Fernando das Cortinas, raçoeyro et vigario de don Juan Martines, dean de Lugo, en cabidoo por campaa tangida, segundo que an de uso et custume, et Fernan Peres, pedreyro, mestre da obra da dita iglesia de Lugo, en presença de min notario et testemoyas iuso scriptas, enton o dito chantre et persoas, coengos et benefiçiados da dita iglesia diseron que por rason que o dito Fernando Peres, pedreyro, tina deles aforado o quarto de huna casa que esta en a rua da Tanaria en que el fesera casa et forno con seu poço et seydo a qual era junto con outra casa que era dos ditos aniversarios, et de ylarga con a casa et orto de Juan Carniçeyro, que foy, et feria en a rua publica, por la qual dita quarta da dita casa lles avia de dar cada ano para senpre jamays dose soldos para os ditos aniversarios, a qual era sub o sino da Capela de San Pedro; et agora o dito Fernando Peres, pedreyro da dita obra, lles avia pedido et pidira que por tal que o dito lle desen et outorgasen as duas terças partes de huna cortina, que he dos ditos aniversarios, que esta en o seydo das ditas casas que y topan en as casas dos ferreyros et de Roy Ferrnandes, pedreyro da dita obra, et topava en a orta de Pedro de Silvarrey que esta junto con as casas de Juan Carniçeyro, que foy, que queria poer et poyna de cada ano de çenso et penson, por si et por toda sua vos, para os ditos aniversarios da dita iglesia de Lugo seys maravedis de moneda vella et de longos, de des dineyros novees cada moravedi, por toda a dita casa et cortina querendolla elles dar et outorgar as ditas duas terças partes da dita cortina para con a dita casa, segundo que logo o dito Fernando Peres diso et outorgou que era asi verdade, et lles lo pedia et rogava. Et enton o dito chantre et persoas coengos et benefiçiados da dita iglesia con outorgamento et consintimento de Lopo Ferrnandes, coengo, rendeyro dos aniversarios da dita iglesia, que estava presente, et con outorgamento de Fernando das Cortinas, raçoeyro de Lugo, vigario de don Juan Martines, dean de Lugo, que eso meesmo estava presente et outorgante, diseron et outorgaron por si et por seus suçessores que por quanto vian et eran çertos que era seu proveyto et de seus suçessores, que davan et outorgavan, et deron et outorgaron a o dito Fernando Peres, pedreyro, para el et sua muller, Tareija Peres, et para toda sua bos para senpre jamays as duas terças partes da dita cortina a a mao de bayxo una das casas do dito Joan Carniçeyro, que estava por dar et aforar, con tal condiçon que el et a dita sua muller et suas voses para senpre jamays fosen tiudos et obligados por la dita casa et cortina de daren et pagaren, a o moordomo et destribuydor dos ditos aniversarios, os ditos seys maravedis de longos, cada ano, da dita moneda. Et o dito Fernando Peres, que presente estava, diso que por sy et por la dita sua muller et por toda sua bos que asi poyna et poso por çenso et tributo os ditos seys moravedis de longos de cada ano por la dita casa et cortina para os ditos aniversarios, et que obligava seus bees et de suas boses et a dita casa et cortina de lles los dar et pagar cada ano, et o dito chantre et persoas et benefiçiados do dito cabidoo diseron que asi o reçebian et lle davan et outorgavan as ditas duas terças partes da dita cortina con a dita quarta parte da dita casa, et el que fosse obligado de lles dar et pagar os ditos seys moravedis longos de cada ano, segundo dito avia.

Et porque esto seia çerto as ditas persoas rogaron et mandaron a min notario iuso escripto que fezese de todo esto duas cartas anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Ferrnando Peres, et vosa muller et vosas voses, et outra que a lançase en o livro do dito cabidoo, et as signase de meu sinal, et por mayor firmidue mandaron seellar a carta do dito Fernando Peres con o sello do dito cabidoo.
Que foy feyto et outorgado en a çibade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, ano et dia et mes et era sobreditos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Juan Roys, coengo de Lugo, vigario da iglesia et obispado de Lugo; et don Afonso Lopes, chantre; don Rodrigo Afonso, juys; Pedro Ferrnandes de Tendilla, thesoreyro; Lopo Dias, mestrescola; Lopo Ferrnandes, Johan Dias, Fernando Peres, Vaasco Afonso, coengos; Fernan das Cortinas, raçoeyro, vigario de don Juan Martines, dean de Lugo; Afonso Rodrigues, raçoeyro; Mestre Juan, porteyro do dito cabidoo, et outros.