GMH/ÍNDICE A-Z

456
1391, xullo, 6
foro

O cabido afóralle a perpetuidade a Ares Fernández, chantre, as casas do Tendal da Figueira, por 25 libras.

ACOu, Escrituras XVII, 27

Sabean quantos esta carta virem commo nos o cabidoo da igleia d’Ourense seendo juntados en nosso cabidoo enna caustra nova de Sam Martiño por canpaam tanjuda segundo que avemos de huso e de custume de nos juntar a fazer nosso cabidoo e por consintimento de Martin Geestosa coengo da dita igleia, vigario ennos contrautos do cabidoo por dom Pero Gonçalves de Horosco dayan da dita igleia d’Ourense, damos e outorgamos a foro para por senpre a vos dom Ares Fernandes chantre da dita igleia hunas nossas casas con seus sotoos e sobrados e camaras e con seus yxidos e seidos que nos teemos en esta çibdade d’Ourense hu chaman o Tendal da Figueira, que parten de hun cabo con outros nosos soares que foron casas a que chaman a Adega de Santiago e do outro cabo parten con outras casas en que hora mora Gomes do Açor e Ares Arnedo notario e en çima vam topar os ixidos delas enna horta do dayan e teen as portas enno dito Tendal da Figueira, as quaes casas nos demeteu en presença deste notario e testemuyas de juso escriptas Alvaro Picoo Gayo viziño desta çibdade d’Ourense e nos tomamolas e reçebemolas. Damos vos a foro as ditas casas con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças por tal pleito e condiçon que vos que reparedes as ditas casas de pedra e de madeira e de tella en tal maneira que non desfalescan por mingoa de lavor e de boon paramento e dedes ende a nos en cada hun anno ou ao que por nos tever o noso couto de Penna viinte e çinqo libras de diñeiros branqos contados viinte soldos por livra ou a istimaçom deles enna moeda que correr, ao qual aforamento Joan Clerigo raçoeiro da dita igleia, teente por nos o dito couto de Penna, deu seu consintimento. E do al que ajades as ditas casas livres e quites con seus ixidos de disimo a deus e de todo carrego algun. E he posto que se nos o dito chantre ou nosos herdeiros e voses quiserdes vender, deitar ou supinorar esto que vos asi aforamos commo dito he que primeiramente frontedes com elo a nos o dito cabidoo e nolo dedes por lo justo preço que vos outro por el der, e non no querendo nos por ese preço reçeber enton vendede, deitade ou supinorade a tal persona que seia semellavele de vos e non mayor que lavre e repare bem as ditas casas e pague as ditas viinte e çinqo libras aos terços do anno segundo custume do cabidoo, e vos e vosas voses que asi as paguedes aos ditos terços, e cunpra e agarde todas las cousas e condiçoons que en esta carta foren et son contiudas e cada huna delas. Et he mays posto que se contenda requeçer ontre nos o dito cabidoo e nos o dito Ares Fernandes chantre e vosas voses e herdeiros en algun tenpo sobre esto que vos asi aforamos commo dito he que se termine a dita contenda por dous homes boons de nos o dito cabidoo tomados a praser das partes, toda a outra apelaçon remota. Outrosy he posto que por esto que vos asi aforamos commo dito he non posades fazer manda nen aniversario a outra igleia nen mosteiro nen santuario algun sacado a nos o dito cabidoo. Outrosy que non seiades en qontra nen desconosçidos contra nos o dito cabidoo nen contra algun de nos. Et eu o dito Ares Fernandes chantre que soon presente por min e por las miñas voses e herdeiros asy reçebo de vos o dito cabidoo as ditas casas e ixidos aforadas porla maneira e condiçoons que sobreditas som e obligo todos meus beens movelles e raises gaañados e por gaañar para reparar as ditas casas de pedra e de madeira e de tella e de todo o que lles faser mester e pagar as ditas viinte e çinqo libras aos terços do anno segundo sobre dito he e conprir e agardar todas las cousas e condiçoons que en esta carta son escriptas e contiudas e cada huna delas. E nos o dito cabidoo obligamos os beens da nossa mesa para anparar e defender a dereito a vos o dito Ares Fernandes chantre e a vosas voses e herdeiros con as ditas casas e cousas que vos asi aforamos commo dito he. E he posto penna ontre as partes que qual quer que contra esto pasar e o non conprir e agoardar que peite a parte agoardante por nome de penna interese çem mor. de diñeiros branquos, e a dita penna paga ou non esta carta e todo o en ella contiudo fique firme e valla para senpre. Feita fuy e outorgada esta carta enno dito cabidoo, seys dias do mes de julio, anno do naçemento de nosso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e hun annos. Testemoyas que presentes foron dom Fernam Peres abbade da Triindade, Martin de Montes, Martin Geestosa, Bartolameu Peres, Gonçalvo de Mira coengos da igleia d’Ourense e Rodrigo Alvares e Lourenço Martines raçoeiros da dita igleia e outros.

Et eu Estevo Peres raçoeiro enna igleia d’Ourense notario et chançeller da igleia et çidade de Ourense que a esto que sobre dito he con as ditas testimuyas presente foy et ocupado de outros negoçios esta carta de aforamento por outro fielmente fige escripvir et meu nome et signal aqui puge en testimuyo de verdade rogado e requerido

(sinal)

Stephanus Petri