GMH/ÍNDICE A-Z

20
1433, abril, 30

Os veciños de Pontevedra Luis Mendes, Juan Afonso, notario, Afonso Yanes Jacob, Juan de Deus, barbeiro, e os monxes de San Francisco, fretan a barca de nome «Santa Cruz», de que é mestre Afonso d´Ansede, veciño de Lisboa, para cargar viño na ria de Lisboa e traelo a Pontevedra.

(ff. 9 v-10)

Triinta dias do dito mes de abril. Sabean todos que nos os mercadores vesiños da vila de Pontevedra, conven a saber, eu Luis Mendes por min en nove tonẽes et por lo señor chantre en çinco tonẽes. Et eu Juan Afonso, notario por min et en nome de Afonso Yanes Jacob en çinco tonẽes. Et eu Juan de Deus, barveiro en çinco tonẽes et medio. Et eu Luis Mendes en nome dos fraires de San Francisco en duas tonẽes. Fretamos de vos Afonso d´Ansede, besiño de Lisboa, que sodes presente a vosa barqua Santa Cruz, que Deus salve, que esta ẽno porto et ponte etc. // para que prasendo a Deus, cargemos as ditas tonẽes de viños (roto) ẽna ria da çidade de Lisboa, ou ata Allandra, ou ata que dende onde mas quiseren or mercadores. A qual dita barqua deve de partir de aqui do primeiro bõo tenpo etc. Et do dia que chegar aa dita carrega ata XV dias deve ser cargado et dende partir etc. Et viir direitamente aqui a Pontebedra, et do dia que aqui chegar a XV dias sea descargado et pago de seu frete, conven a saber o frete que ha de aver de cada tonel de viño por frete, calças et sevo et garafestar tillado et clavos et mangueiras et por todas avarias salvo que dejen çento et çinco maravedis, branqua en tres dineiros etc.