GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

39
1433, xuño, 9

Lourenzo Peres, clérigo cureiro da igrexa de San Mamede de Moldes, afora para sempre a Ares García de Rajoo, mercader de Pontevedra, unha leira de viña na dita freguesia por foro de duas canadas de viño anuais.

(ff. 18-18 v)

Este dia, Sabean todos que eu Lourenço Peres, clerigo cureiro da iglesia de San Mamede de Moldes, que he açerca da villa de Pontevedra, que soo presente, et que faço por min et en nome da dita mia igresia et dos meus subçesores, aforo et eu dou en aforamento desde oje este dia endeante para todo senpre, a vos, Ares Garçia de Rajoo, mercador, visiño da dita villa, que sodes presente, et que aforades por vos et en nome de bosa moller, Ynes Fernandes, et por todas vosas vozes et suas, a leira de viña, disimo a Deus, que he da cura da dita igglesia de San Mamedes de Moldes, que jas no chouso de Moldes que disen da Lavandeira, que he ẽna fiigresia de San Mamede de Moldes, a qual leira de viña vay de longo da hũa parte con outra leira de viña que foi de Afonso Garçia de Simis et da outra parte vay de longo con outra leira de viña do mosteiro do mosteiro de Santo Domingo da dita villa, que agora labra Juan de San Bertolameu, et jase dentro en hũu chouso, et vay entestar // con viña que agora labra Pero Cruu, o moço, que foi de Juan Giton et vay seyr aa congostra que bai para as viñas de Moldes, et aforovos a dita leira de viña para senpre, con seu terreo en que esta et con seu muro et çerca et entradas et seidas et pertensças et dereituras que lle pertesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, so tal pleito et condiçon, que labredes a dita leira de viña de poda, cava, rodriga et a çerquedes et valedes et requirades de todos los outros labores que lle fiseren mester, em maneira que se non perga por mingoa de lavor et chousura et boo paramento. Et do viño que Deus en ela der, que dedes a min et despois de min a os outros clerigos cureiros que despois min foren da dita igresia en salvo por foro et trebuto et censo da dita leira de viña duas canadas de viño, mosto aa dorna sen desconto algũu, et por esto quero et outorgo que eu nen meus subçesores non bos tiremos nin tollamos este dito aforamento por mas nen por menos nen por al tanto que outra persona nos por elo de, nen por diseremos et alegaremos que ouvo et ha en elo enganno mas da metade do justo preço et que o queremos lavrar para noso mantemento nen por outra rason algũa, sobre lo qual por min et por los ditos meus subçesores renunçio as do dereito, do dolo, engano, medo, força, endusimento, et que disen que igresia nen mosteiro non deve ser enganados, et a todas las outras leis et dereitos canonicos et çeviles que en contrario desto que dito he sejan, que quero et outorgo que nos non vallan nen sejamos sobrelo oydos en juiso nen fora del, nos nen outro algũu en noso nome, por quanto eu o dito Lourenço Peres, clerigo, sey et soo çerto que a dita leira de viña esta herma, desprobada et foi queimada desagiada (?) como foron asi outras viñas, esta en tal desposiçon que sino for con gran cobru a pouco froito dara, et por ende quero et outorgo que desde oje este dia endeante a posades entrar et resçeber et ajurar por bosa propia abtoridade et faser dela et en ela toda bosa livre boontade como de cousa propia, sen meu enbargo et de meus subçesores, con o dito cargo et trebuto suso scripto que asi avedes de dar et pagar en salvo a min et a meus subçesores, et seerdes anparados vos et a dita bosa moller et bosas vozes por senpre, de todo enbargo con este dito aforamento polos bẽes da dita igresia que vos a elo obligo, et so pena de dous mill maravedis de boa moeda que outorgo que vos peitemos eu ou meus subçesores se o asi non teveremos et cunpriremos et contra elo vieremos. Et eu o dito Ares Garçia, que soo presente, et que faço por min et por la mĩa moller et nosas vozes, asi o resçebo et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller et nosas vozes demos et outorgemos as ditas duas canadas de viño a vos o dito Lourenço Peres et a vosos subçesores despois de vos cada un año por senpre et tenamos et cunpramos o contiudo en este dito aforamento (roto) todos meus bẽes et seus que a elo obligo et so a dita pena que outorgo que vos peitemos por pena (roto) et a vosos subçesores se o asi non tevermos et conpriremos et contra elo viermos et a pena pagada ou (roto) como dito he este senpre firme. Feito na dita villa de Pontevedra ano dias et mes sobreditos. Ts que (foron presentes...) alfayate, Rui de Nantes, armeiro, moradores ẽna dita villa de Pontevedra, et Martin criado de min, notario.

Feito duas veses.