GMH/ÍNDICE A-Z

50
1433, agosto, 2

Juan de Pascoa, mareante de Pontevedra, como procurador de Pero Oleiro, mercader de Baiona de Miñor, vende a Gonçalvo Fernandes, mercader de Pontevedra, e a sua muller unha cuarta parte das casas que estan na Rúa do Barral, por precio de 400 maravedis.

(f. 22)

Douss dias do mes de agosto. Sabean todos que eu, Juan de Pascoa, mareante, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et en nome de Pero Oleiro, mercador, besiño da villa de Bayona de Minor, do qual dito Pero Oleiro eu ey poder sufiçiente para fazer et outorgar esto aqui adeante contiudo por carta de poder feita et outorgada por el por ante este notario ajuso scripto, et por mĩas bozes et suas, bendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Gonçalvo Fernandes, mercador, besiño da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Maria Afonso et a todas vosas vozes, a quarta parte entregamente das casas, sotõo et sobrado, que estan ẽna Rua do Barral, figresia de Santa Maria a Grande da dita villa, as quaes casas van de longo por parede da hũa parte con casas de Vicente Ribeira, mariñeiro, et eso mismo van de longo da outra parte por parede con casas que foron de Maria de Mena et de Domingo Ramos, seu marido, que agora son de Pero de Santo Anton, et vay entestar o outon delas aa Rua do Frumigueiro da dita villa, et saaen con portas et fiestras aa dita Rua do Barral, et das quaes casas Juan de Sevimal ha hũu quarto, et Mayor Afonso, sua yrmãa, outro quarto, et Iohan Peres hũu oytavo et Juan Oleiro et Afonso Oleiro outro oytavo, o qual dito quarto de casas perteesçe ao dito Pero Oleiro, de que eu asi ey poder, por seus padre et madre et aboos et por outra qualquer rason que lle pertesca. Et en todas as ditas casas han de foro et penson os monjes de San Domingo da dita villa et de San Salvador de Lerez dez et seis maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, de que ven deles ao dito quarto que vos asi bendo quatro maravedis da dita moeda, et vendo, como dito he, o dito quarto de casas et con seu tarreo et pedra, tella, ferro, madeira et de ancho et de longo et de baxo et dalto et con todas suas entradas et seidas et perteenças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito, por contia de quatroçentos et quorenta maravedis da dita moeda bella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos quatroçentos et quorenta maravedis da dita moeda, eu de vos resçeby en presença deste notario et ts. et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, et renunçio etc. et se o diser etc. et se mas bal etc, todo jur etc. anparar etc. por min et por meus bẽes et do dito Pero Oleiro, que vos a elo obligo por vertude do dito poder, et a pena etc. todavia etc. Et eu o dito Gonçalvo Fernandes, que soo presente, et que faço por min et por la dita mĩa moller et nosas vozes asi o resçebo. Ts. Juan Sevimal, Gonçalvo Movelleiro et Afonso Chamorro, mareantes, et Gonçalvo da Lama, moradores ẽna dita villa, et Fernan, criado de min, notario, et outros. Feita.