GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

2
----/--/--[13..], xaneiro, 22

O bispo e o Cabido de Lugo intercambian con Afonso Fernández e a súa muller unha casa en Lugo por outras na rúa Travesa e na do Carballal da mesma cidade.

MADRID, AHN, Carp. 1332 E/18, perg. orix., carta part. por a.b.c., galego, gótica cursiva, 233x242 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don Iohan por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma obispo de Lugo, con outorgamento de don […] dayan et cabidoo da nossa iglesia, entendendo que he prol nossa et de nossa iglesia, fasemos escanbeo con vosco Affonso Ferrnandes, mercador, morador en Lugo, enna rua de Vermun Sanches, et con vossa muller Tereiya Pellaes, baledeyra para senpre. Conven a saber que nos o dito sennor obispo et cabidoo [...] a vos los ditos Affonso Ferrnandes et Tereyia Pellaes huna nossa casa que esta enna çibdade de Lugo enna rua de [...] Affonso, fillo de Domingo Domingues, freeyro, entre huna nossa casa en que mora Martin Garçia, freeyro , da huna parte [...] a qual casa vos damos con seu seydo et con suas pertenenças et dereyturas et agoas vertes, sub signo da cappella de [...] Tereyia Pellaes damos a vos o dito sennor obispo et a vossos susçesores en escanbea por la dita casa que [...] enna çibdade de Lugo enna rua Travessa per u van da rua Minaa para a rua Nova sub a capella [...] iuntadas en huna, et de huna parte esta huna casa et a cortinna que foy de Aras Peres da Crus [...], et da outra parte esta huna cortinna que ora he de Lourenço Peres da rua Minaa; as quaes casas vos damos con seu poço, et con huna cortinna que he huna oytava semente que esta con ela, commo vay ferir enno dito carril da huna parte, et da outra parte esta a dita cortinna de Lourenço Peres. Outrosy vos damos mays outra casa que esta enna dita çibdade enna rua do Carvallal, con sua cortinna, que esta entre huna casa ca capella de San Marcho da huna parte, et da outra parte esta huna casa d'amiistraçon do mes de mayo. Et estas casas con as cortinas sobreditas vos damos con suas entradas et seydas et agoas vertes et [...] et con todas suas pertenenças et dereyturas. Et nos as partes sobreditas damos estas escanbeas sobreditas huuns a outros commo sobredito he para senpre por iur de herdade, et obligamos todos nossos bees para as faser de pas, commo dito he, huuns a outros, et metemosnos logo por esta carta enno iur et possison d'estas escanbeas sobreditas que fasemos huuns a outros, et prometemos a a boa fe de non viir contra elas. Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos as dous partes mandamos ende faser duas cartas, tal huna commo outra, partidas por A. B. C., et rogamos a Iohan Sanches, notario publico enna audiençia do dito sennor obispo ,que as signasse de seu signo. Et por mayor firmidume nos obispo et cabidoo sobreditos mandamos seelar esta carta de nosos seelos pendentes.

Foron feitas en luuns XXII dias de enero, era de mill et treçentos [..].

Frey Iohannes episcopus.

Et eu Iohan Sanches, notario publico ena audiençia do dito senor obispo, dado por su autoridad, a todo lo sobredito con as ditas testemoyas subscriptas pressente fuy , et por mandado do dito sennor obispo, et con otorgamento do dean et cabidoo, et a pidimiento dos ditos Affonso Ferrnandes et Tereyia Pellaes fis faser duas cartas eno tenor sobredito, partidas por A. B. C., et pus en cada una meu nome et meu sinal.

Testemoyas: don Garçia Dias, arçidiago de Sarria; Turibio Gonçalves, canonigo de Lugo; Martin Sanches et Alvar Dias, escudeiros del dito sennor obispo.

SIGNO