GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

573
1351, marzo, 19. Lugo
Acta notarial que dá fe da toma de posesión dun oitavo da casa do Campo por Xoán Fernández, quen representa a igrexa de Lugo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 74v.

Era de mill et CCC LXXXIXª annos, XIXe dias de março.

En presença de min Iacome Guillelmes, notario publico da çibdade de Lugo, et das testemoyas suscriptas, estando na rua do Campo Arias Peres da Crus, fillo que foy d’Aras Peres et de Tareyia Pelaes, meteu a Johan Ferrnandes, capellam de Santiago, et a Johan Ferrnandes, clerigo de Lugo, en nome dos aniversarios da iglesia de Lugo et para os ditos aniversarios, en hun oytavo da casa do Campo, enna qual casa ora mora Ruy Leyton, piliteyro, o qual oytavo da dita casa disso que dava a os ditos aniversarios por lo aniversario que lle quitaron o dayam et cabidoo das suas cassas da Crus, conven a saber de la casa en que suya morar Affonso Domingues da Crus assy commo se van a dereyto fiir no poço do Pruniseyro; et meteu a os ditos Johan Ferrnandes et Johan Ferrnandes enno oytavo da dita casa para senpre por iur d’erdade dos ditos aniversarios, et mandou a o dito Ruy Leyton, piliteyro, que d’aqui adeante pesuyse et husase ho oytavo da dita casa por los ditos aniversarios et non por outro. Et os ditos Johan Ferrnandes et Johan Ferrnandes, clerigos sobreditos, en nome dos ditos aniversarios et para os ditos aniversarios asy entraton et reçeberon o dito oytavo da dita casa, et leyxaron en el por nome dos ditos aniversarios a o dito Ruy Peres Leyton; o qual Ruy Peres ficou no dito oytavo da dita casa por los ditos aniversarios.

Testemoyas que a esto foron presentes: Pedro Merchan, Johan Serodeo, mercadores; Domingo Crespo et Johan Crespo, odreyros; Affonso Yanes, notario de Lugo; Afonso de Bayona, et outros moytos.

Et eu Iacome Guillelmes, notario publico sobredito, a esto presente foy et a rogo do dito Arias Peres este publico estrumento scrivi en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.