GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

811
1379, novembro, 29. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Eanes e á súa muller e a unha voz unha casa na rúa Nova por renda anual de 20 marabedís mais a obriga de construír un sobrado con dous balcóns e unha cámara.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 83r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o dayan et cabidoo et homes boos da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo por campaa tanjuda enno thesouro da dita iglesia, segundo que o avemos de uso et de custume, damos aforo et avervo a vos Gonçalvo Eanes, mercador, et Aldara Affonso, vosa muller, moradores en Lugo a Porta Nova, et a huna pesoa qual nomear o pustrimeyro de vos en sua vida ou a o tempo do seu finamento, a casa que he dos aniversarios da dita iglesia, a qual casa esta en rua Nova, en que ora mora Lopo Bayon, carniçeyro, entre la casa de Roy Mouro da huna parte et ho poço que y esta do outro cabo dela da outra parte, con sua cortina et poço et aguas vertes et iures que lle perteesçe, sub a capella de San Pedro de Lugo, por tal condiçon que façades et reparedes a dita casa d’aquelo que esta por faser, et demays que façades en ella hun sobrado con dous balcoes desla porta da rua ata a cortina dela, et huna camara çarrada et pechada ençima do sobrado ou en fondo del qual vos ante quisserdes, et outrosy que dedes de foro dela vos et as ditas pesoas a os aniversarios da dita iglesia de Lugo, o a seu procurador, en cada hun anno viinte moravedis desta moneda que ora corre, a oyto soldos o moravedi, en paz et en salvo en Lugo por dia de San Martino, et a a morte da pustrimeyra pesoa de vos que a dita casa et cortina et poço fiquen livres et quitas con todos los boos paramentos que en ella foren feytos a os ditos aniversarios.

Et eu, o dito Gonçalvo Eanes, que estou presente por min et por la dita minna muller et por la dita pesoa asy reçebo o dito foro de vos, o dito dayan et cabidoo, et obligo por todos mues bees et seus delles para o comprirmos. Et nos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto rogamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que fezese desto duas cartas en hun tenor signadas con seu signal, a huna enno libro de nos lo dito cabidoo et a outra para vos, o dito Gonçalvo Eanes, seellada con noso seello.

Feyta en Lugo, viinte et nove dias de novenbro, era de mill et quatroçentos et dez et sete annos.

Testemoyas: o dayan, arçidiago de Neyra, o arçidiago de Deça, o arçidiago de Triacastella, o juyz; Thomas Gomes, Fernan Peres, coengos; et Afonso Eanes, Johan Garçia, raçoeyros, et outros.

Et eu Fernando Peres, notario sobredito, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he presente foy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.